Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

Bretón, galés, élfico e outras linguas

Imagen
Un ano máis, botamos man da nosa exposición "Xornais do mundo" á que tanto rendemento lle sacamos. Comezamos co curso de Cultura Clásica de 4º,no que traballamos conceptos previos na aula e, despois, por grupos, foron dispoñendo e organizando o material. O resto do alumnado foi pasando pola exposición ata chegar a 2º ESO, co que rematamos. Como novidade, este ano engadimos exemplares de Islandia, Croacia, Escocia, A Bretaña (por fin conseguimos algo escrito en bretón!) e, como sorpresa,  unha mostra de alfabeto élfico, a lingua na que falan as personaxes de Tolkien na súa obra "O señor dos Aneis". Como facemos co resto dos países reais, este idioma tamén leva a súa ficha, neste caso un mapa da Terra Media. Observar como se pode "inventar" un idioma para facer máis realista a ficción é un dos aspectos que máis chama a atención dos rapaces.



Os xornais árabes, chineses, xaponeses... tamén son obxecto de moitos comentarios xa que sorprenden desde o momento e…