Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

Cantos Días merecen as Nosas Letras?

Imagen
Programando a Semana das Letras Galegas para este ano, queremos mostrar esta chamada de atención sobre a importancia dunha lingua que é NOSA, que nos criou, que nos pertence e que non queremos perder. Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco son os  autores destes vídeos.
Parece, xa que logo, que é unha cuestión  de LIBERDADE pero tamén de RESPONSABILIDADE




Velaquí unha pequena mostra dun manifesto elaborado polos nosos alumnos, basado nun texto de Celso Emilio Ferrreiro e que recolle moitas das razóns que non explican nin as Gramáticas nin os Dicionarios pero que son suficientes para nós:
Eu fáloa porque si, porque me gusta. Eu quéroa porque si, porque me mola. Eu quéroa porque é parte de min. Eu quéroa porque é miña, e chega. Eu síntoa miña porque me criou desde pequeño. Eu respéctoa porque son as miñas raíces.
Eu elíxoa porque si, porque vale a pena. Eu fáloa porque me sae pola boca. Eu aloumíñoa porque me fai máis feliz. Porque me dá a vida. Porque me fai soñar.
Eu seméntoa para que se …

Proxecto América

Imagen
Velaquí o resumo do Proxecto América realizado neste centro durante o pasado curso. Mostramos algunha das actividades nas que participamos toda a comunidade escolar, nun proxecto organizado pola biblioteca deste centro.
A razón de presentar este resumo a estas alturas é que expuxemos este traballo nos Encontros de Bibliotecas escolatres celebrados en Santiago os días 19 e 20 de abril. Alá fomos presumir de centro, de compañeir@s, de alumn@s... en definitiva, presumir dun traballo colaborativo do que nos sentimos orgullos@s.
América
More PowerPoint presentations from maria