Seguimos inspirándonos na ponte, desta vez, para poñernos literari@s. Comezamos cos microrrelatos traballados en 2º ESO. Os microrrelatos son breves, intensos, únicos, coma os seixos do Bao.
Velaquí algún dos microrrelatos que nos chamaron a atención:
Non podía moverme, nin un movemento podía facer o meu corpo. Só o meu dedo era o que podía tocar o botón que me daría a liberdade de desprazarme. Ao fin cheguei,e apreteino sen pensalo dúas veces. O "selfie" xa estaba feito!
Alexandra Zels Otero
Atrapados sen saída nun paraíso deserto, alimentándonos dos peixes
e mariscos, e algún coello. Deixáronnos coma salvaxes, nun lugar sen saída e
cando xa ninguén nos ía salvar, vin
entre as beiras a nosa liberdade, a nosa salvación, a nosa ponte.
Javier Rego Paz
Javier Rego Paz
Inferno
Tic,tac,tic,tac. O sufrimento era terrible.Os demos mandaban traballos sobrenaturais. Isto era o inferno.Tiña que saír de aquí canto antes.
- Profe, podo ir ao baño?
Francisco Vázquez Dios
Todos
os días a vexo,
sen
ela non son nada.
Percorro
o camiño e chego á outra beira.
Ponte
comigo, toda enteira.
Alex Dacosta García