Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

libros

LibrosView more presentations from barcarola.

Despois de ver estas fotos, decídenos se credes que é suficiente un día do libro ou precisariamos de varias vidas para poder ler e comentar a cantidade de boas historias andan por aí...

Ciencia ficción: Delivery

Xa que no Club de Lectura andamos a voltas coa ciencia ficción, recomendámosvos esta curtametraxe de animación, onde ademais son tratados o medio-ambiente e o poder humano para modificalo, como nese Efecto Bolbolreta do que falamos o venres. Leva por título Delivery (Envío Postal) e o seu autor é Till Nowak.



vía Capítulo 0.

Ciencia Ficción III

Imagen
Despois de ler El ruido de un trueno, da antoloxía Los mejores relatos de ciencia ficción, seguimos con Deserción de Clifford D. Simak e Lección de Historia, de Arthur C. Clarke.
Deserción. Un astronauta e o seu can son enviados ao planeta Xúpiter para averiguar por que non voltou ningún explorador das anteriores expedicións.
Lección de Historia. A humanidade extinguiuse por mor dunha poderosa Era Glaciar. Unha nave pilotada por extraterrestres tenta interpretar a orixe da raza humana e o seu destino final. Vémonos o venres, día 17 de abril, no recreo.