martes, 10 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

Comezan as nosas actividades arredor das Letras Galegas, esta vez adicadas a Manuel María, o poeta da Terra Chá. Escollemos este telexornal, feito polo CPI dos Dices-Rois. Como cada ano, un traballo extraordinario que se converte en referencia obrigada da figura homenaxeada polas Letras Galegas. Parabéns, compañeiros!



Escoitamos ao autor:


video


Agora, unha versión de Roi Casal do poema A Fala:


    
  • Recital poético en homenaxe a  Manuel María,  en colaboración co Concello da Illa, a Escola de Música e o CEIP Torre- Illa. Velaquí algúns momentos previos



  •  Obradoiro poético con Dores Tembrás, para 2º ESO.  Despois do éxito do ano pasado, dicidimos repetir a experiencia co seu obradoiro titulado "Poesía + Graffiti". 

A poeta coa súa poeplanta "Si miña señor á i-alba de Arousa beilar", de A. Cunqueiro


  •    Arredor de Rosalía, con Anxo Angueira, para 3º ESO. Comezou falándonos do seu propio    vencello coa Arousa, a través de Dorna, e despois foi desmiuzando a vida e a circunstancia vital de    Rosalía, con recitados extraordinarios da súa obra. Quedamos abraiados co poema "Miña Santiña",    do que vos deixo a última estrofa xa que aínda botamos unhas risas tentando facer a rima con "cara    de mona". 

 -¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
   pór n'hei de pórche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
   xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.


Anxo Angueira tamén recibiu a súa poeplanta, co poema "Eu fáloa porque si", versión    libre feita pol@s alumn@s do instituto.

  •  Poeplantas , para 2º e 1º ESO, en colaboración co proxecto Voz Natura do noso centro. Unha vez máis, temos que agradecerlle a Mª Xosé Lázare, compañeira de profesión, esta marabillosa idea. Cada ano melloramos a nosa proposta. Mirade que portadas e que poemas!








jueves, 5 de mayo de 2016

Concurso de microrrelatos



CONCURSO DE MICRORRELATOS

1- PARTICIPANTES
Haberá dúas modalidades:
          1º Ciclo
  2º Ciclo

   2- TRABALLOS
     As obras serán orixinais, inéditas e  que non fosen presentadas en ningún outro concurso. Poderán estar escritas en galego ou castelán.
  Serán microrrelatos de tema libre e unha extensión máxima de 300  palabras. Poderán presentarse á man, con letra lexible, ou a ordenador.
       Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, sempre que sexa unha en cada lingua.

3- PREMIOS
   Outorgaranse en cada ciclo dous  premios: un ao mellor microrrelato en castelán e outro ao mellor en galego.
  O premio consistirá nunha excursión xunto aos alumnos organizadores do concurso literario e un diploma acreditativo.

4- PARTICIPACIÓN
O traballo depositarase nunha urna, situada na entrada do centro.  Deberá introducirse nun sobre no que  só aparecerá un pseudónimo, dentro deste  sobre, nun máis pequeno cerrado  deberán ir os seguintes datos:
   Nome e apelidos
  Pseudónimo  utilizado
  Curso 
A data límite de entrega será o  13 de maio.

5- XURADO
Estará composto por  dúas profesoras e dous alumnos/as.

Velaquí os resultados do Concurso:

1º Ciclo           LINGUA GALEGA

MISIÓN DE VIDA OU MORTE

Eu estaba preocupado, moi agobiado; tiña pouco tempo e iríasenos pronto ao outro barrio. Tiña que darme moita présa e eu, excitado, corría e corría a toda velocidade… Collín o que necesitaba e volvín. Menos mal que cheguei a tempo para poner a cargar o móbil.
                                                                                  Carlos Oubiña Mougán



1º Ciclo           LINGUA CASTELÁ

EL EDIFICIO INFINITO

Empecé a construirlo hace mucho tiempo. Voy colocando ladrillo por ladrillo, con toda la dedicación necesaria. Estaba siendo el edificio perfecto cuando…
La enfermera vino a llamarme a la sala de espera, entonces guardé los Lego y me fui.

                                                                                  Karla Cores Otero


2º Ciclo           LINGUA GALEGA

ESCAPANDO DA MORTE

Corría sen rumbo polo medio do bosque; aterrada, co sangue petando fortemente na parede dos meus vasos sanguíneos.

Quen me ía decir a min que entrar naquela casa me traería estes problemas. Sen dúbida, de saber que o dito de que a mansión estaba habitada por unha pantasma era certo, non poría pé alí.

Pero xa era tarde, e o meu espírito de galo de curral levárame ata ese punto no que o único que podía facer era correr sen mirar atrás.

Sentía o alento de todos eses horribles monstros, que eu pensaba que só vivían nas películas e nas lendas, bailando na miña caluga; e pouco a pouco percibín que o esgotamento atrofiaba todos os meus músculos.

Estaba a punto de renderme. As miñas pernas parecían desacelerar o paso a cada segundo, por vontade miña ou non. Xusto cando advertín que todos estes seres máxicos e diabólicos me rodeaban e abrían as fauces nerviosos por devorarme, vin aparecer un raio de luz no horizonte.

Case sen crelo, o sol apareceu na distancia, e todas as bestas que segundos antes respiraban ao meu carón, desapareceron. E con elas foise o perigo desa noite de Samaín.
                                                                                 
Jennifer Fernández Novás
2º Ciclo           LINGUA CASTELÁ

NUEVA CASA

Estaba yo quieto, pues no podía hacer otra cosa, al lado de las casas de mis nuevos vecinos. Todos los días venían familiares míos a traerme regalos. Al resto le pasaba lo mismo y siempre tenían flores adornando sus fachadas.

                                                                                  Iago Romero Vidal.