Letras Galegas 2016

Comezan as nosas actividades arredor das Letras Galegas, esta vez adicadas a Manuel María, o poeta da Terra Chá. Escollemos este telexornal, feito polo CPI dos Dices-Rois. Como cada ano, un traballo extraordinario que se converte en referencia obrigada da figura homenaxeada polas Letras Galegas. Parabéns, compañeiros!



Escoitamos ao autor:




Agora, unha versión de Roi Casal do poema A Fala:


    
  • Recital poético en homenaxe a  Manuel María,  en colaboración co Concello da Illa, a Escola de Música e o CEIP Torre- Illa. Velaquí algúns momentos previos



  •  Obradoiro poético con Dores Tembrás, para 2º ESO.  Despois do éxito do ano pasado, dicidimos repetir a experiencia co seu obradoiro titulado "Poesía + Graffiti". 

A poeta coa súa poeplanta "Si miña señor á i-alba de Arousa beilar", de A. Cunqueiro


  •    Arredor de Rosalía, con Anxo Angueira, para 3º ESO. Comezou falándonos do seu propio    vencello coa Arousa, a través de Dorna, e despois foi desmiuzando a vida e a circunstancia vital de    Rosalía, con recitados extraordinarios da súa obra. Quedamos abraiados co poema "Miña Santiña",    do que vos deixo a última estrofa xa que aínda botamos unhas risas tentando facer a rima con "cara    de mona". 

 -¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
   pór n'hei de pórche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
   xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.


Anxo Angueira tamén recibiu a súa poeplanta, co poema "Eu fáloa porque si", versión    libre feita pol@s alumn@s do instituto.

  •  Poeplantas , para 2º e 1º ESO, en colaboración co proxecto Voz Natura do noso centro. Unha vez máis, temos que agradecerlle a Mª Xosé Lázare, compañeira de profesión, esta marabillosa idea. Cada ano melloramos a nosa proposta. Mirade que portadas e que poemas!