Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

Inés y la alegría

Imagen

Videopoemas para Rosalía (I)

Deixamos aquí unha mostra do que se vén chamando videocreación, é dicir, unha mestura de texto, imaxe e son que pode servir para ilustrar unha historia. 
Primeiro, un titorial para axudarnos a crear un videopoema:



Crear un video poema con Windows Movie Maker o Photopeach from Fernández Gorka
Comezamos co videopoema que fixeron @s alumn@s de 4º PDC, do poema de Celso Emilio Ferreiro "Eu en ti":



Xa máis elaborados, estes videopoemas de Rosalía feitos por alumnos de 3º ESO  do IES As Barxas. Podedes ver o seu interesatísimo blog EDUCORTO.





E, por último, este poema de Andrea Nunes Brións, "Todas as mulleres que fun". Gañadora do 1º premio de cinEOI da Coruña, 2012



Ánimo @s nos@s alumn@s de 3º ESO. Seguro que conseguen facer algo ben fermoso!!!


Máis referencias:
https://www.youtube.com/view_play_list?p=F8D921DC23F9D5FE

lendoamares

Imagen
Inauguramos unha nova sección neste blog: Lendoamares. Trátase dun espazo lector aberto a todo o alumnado  no que iremos recomendando diferentes lecturas traballadas na aula. A primeira fase deste proxecto consiste en:

-Escollo un anaco dalgunhas lecturas que me gustasen
-Cópioo e déixoo nos comentarios, indicando o autor e título do fragmento, así como o nome de cada lector.

Os primeiros usuarios deste espazo serán @s alumn@s de 2º ESO. Comezamos pola materia de literatura galega, polo tanto, o seu código será:lendoamares2G. Para axudarvos nesta viaxe literaria, lémbrovos as diferentes lecturas que traballamos ao longo do curso:

Castelos na area (Erros e Tánatos) de G. NavazaA marquesiña, Na cova dos carcamáns, de CastelaoCartas de inverno, de A. Fdez. PazO cazador de trolls, de Luís SeixidoA expedición do Pacífico, de M. AleixandrePunto cero, de A. Fdez. PazUn tesouro, de X. Neira VilasFalar (Made in Galiza) de Séchu SendeO comezo das vacacións, de M. N. SingalaOs lobos, de A. FoleT…

" A vida dos outros"

Imagen
No club de lectura bibliarousa+ andamos ás voltas entre a literatura e o cine. Despois de ler "a noite branca", parecíanos moi interesante ilustrar a época posterior á 2ª guerra mundial, os tempos da guerra fría, con esta extraordinaria película. Recomendamos a crítica que fai a revista Zinema, unha das nosas páxinas de cine preferidas.



Sinopse: O capitán Gerd Wiesler é un oficial extremadamente competente da Stasi, a todopoderosa policía secreta do réxime comunista da antiga República Democrática alemá. Pero, cando en 1984 lle encomendan que espíe á parella formada polo prestixioso escritor Georg Dreyman e a popular actriz Christa-Maria Sieland, non sabe ata que punto esa misión vai influír na súa propia vida.