Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2009

A revolta dos mouses

O noso agasallo de Nadal!!!
O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiceiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e frores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo.
Director:David Alejandro Gen

BiblioNadal: para toda a familia (1).

Imagen
NESSMANN, Philippe: Todas las respuestas a las preguntas que nunca has hecho. Faktoría K de libros. 2009Un libro para saciar a curiosidade dos lectores máis inquedos, persoas interesadas no que, como, cando, onde e por que do que nos rodea.
Unha obra que aborda sete grandes áreas de coñecemento, con solucións ás preguntas máis inesperadas
.Destaca pola súa presentación, a modo de cuaderniño, e a estructura narrativa, de xeito que ao final de cada resposta engádese unha nova cuestión relacionada co tema tratado, ampliando os coñecementos recén adquiridos.
Unha crítica para que saibades outras opinións.VILLAR, Domingo: A Praia dos afogados. Ed. GalaxiaDespois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais d…

A maxia de Idhún

Imagen
Durante estas sesións fomos comentando Memorias de Idhún II. Como era un "tochazo" e, ademais, tivemos que esperar polos lectores de 1º que aínda non leran a primeira parte, fomos animando a lectura coas seguintes actividades:

-unha "porra", apostando sobre o que ía pasar...
- xogo de cartas con distintos obxectos máxicos