Amosando publicacións coa etiqueta violencia xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta violencia xénero. Amosar todas as publicacións

Actividades contra a Violencia de Xénero en Bibliarousa



Esta tarde tivemos sesión de Club de Lectura extra co alumnado de 1º ciclo e as familias. Traballamos as emocións e a igualdade de xénero a través do filme El revésFilme, coloquio e patacas fritas para celebrar o Día Contra a Violencia de Xénero. 

Esta actividade completouse co concurso de relatos contra a violencia de xénero no que participou este alumnado, en colaboración coas familias. 

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE RELATO:

1º PREMIO: CANDELA PANADERO DIOS (1º ESO A)
2º PREMIO: LAURA CORES DIOS (2º ESO A)
3º PREMIO: XOEL OTERO NOGUEIRA (1º ESO C)

PARABÉNS!!!!!





O IES Illa de Arousa contra a Violencia de Xénero


Esta semana, o alumnado do IES Illa de Arousa estivo traballando en actividades contra a Violencia de Xénero.
Destacamos o mural feito polo alumnado de 3º de ESO B, guiado pola súa titora, sobre a violencia sexista e os ciclos da violencia doméstica: Acumulación da tensión; Agresión e Reconciliación.
VIOLENCIA DE XÉNERO NUNCA MÁIS






25 de novembro: Contra a Violencia de Xénero




Bo día!!! Lembrámosvos que hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. É por isto que vos deixamos con esta curta de Eléonore Pourriat (2010) para concienciármonos da importancia do respecto e igualdade. 

O respecto e a dignificación debe ser hoxe e SEMPRE!!



mirando o mundo coas nosas gafas violeta

No noso club de lectura seguimos comentando o libro "El diario violeta de Carlota" onde aparece, entre moitos outros, o tema da publicidade sexista que nós ilustramos con fotos de anuncios publicitarios ben coñecidos: Axe, Dolce & Gabana, Barceló... Para completar este tema, velaquí unha mostra da relación entre este tipo de publicidade e a violencia de xénero: