miércoles, 25 de junio de 2008

Despedida club de lectura bibliarousa

Na última sesión do club "biliarousa" despedímonos xogando:

- Nun percorrido polo instituto, cada alumn@ tiña que traer: un organisno vivo, unha máquina simple, un olor, algo máis vello ca eles...



- "A pitacega con lazarillo". Cos ollos pechados había que identificar o camiño e as sensacións que o compañeiro ía mostrando.



-Para rematar, unha avaliación moi especial: arredor dun paracaídas, e con cadanseu globo, tiñan que ir dicindo o que máis lles gustou do club de lectura.


-Como non podía ser doutra maneira, acabamos comendo chocolate, o noso conxuro contra os difíciles "patronus" que temos ao longo do curso.

jueves, 19 de junio de 2008

lecturas de verán




Unha novidade para este curso:
Como é o verán a época en que máis tempo temos para disfrutar da lectura, sexa na praia, á sombra dos piñeiros ou na casa, o máis lóxico é que non estea pechada a biblioteca.
Por iso, e como proba, estes últimos días poderedes coller libros e películas en préstamo, nas mesmas condicións que durante o curso, só que tendo a tranquilidade de que dispoñedes do mes de Xullo para devolvelos. Iso si, en vez de facelo no local da biblioteca, farédelo na conserxería, pois será Pedro quen teña a listaxe de préstamos.
Para darvos ideas e facer suxerencias, hai na biblioteca unha pequena exposición con lecturas de verán.

jueves, 12 de junio de 2008

Exposición sobre África





Estes últimos días de curso aproveitamos para dar conta do que algúns grupos se esforzaron durante o ano. Podemos coñecer os traballos sobre África que realizaron alumnas e alumnos do centro.
Por unha parte, os grupos de segundo, nas clases de Amancio, prepararon murais sobre todos [TODOS!!] os países de África, con todos os datos básicos sobre cada un para que aprendamos un pouco máis sobre este continente.
Por outra, o grupo de cuarto de Bioloxía, con Charo, preparou murais e maquetas sobre os grandes biomas deste mesmo continente.
Podedes velos todos na biblioteca.
Vide coñecer África!!