Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2012

Acollida 2012

Imagen
Benvidos e benvidas a este novo curso que comezamos coas seguintes actividades:
Durante os días 18 e 19 de setembro celebraremos unhas Xornadas de acollida organizadas pola biblioteca do IES Illa de Arousa. Nestas sesións iremos recibindo no espazo da biblioteca aos diferentes cursos (de 1º ESO a 4º ESO) para explicar as normas de funcionamento: empréstitos, clubs de lectura, procura de materiais... O club de lectura Bibliarousa (xuvenil)comezará a súa andaina o venres, día 5 de outubro durante o recreo. O club de lectura  Bibliarousa + (adultos) botará a andar o martes, día 2 de outubro, ás 20 h. Nestas sesións de benvida comentaremos as nosas lecturas de verán e faremos novas propostas para este curso.NOTA: O cambio de horario para o inicio dos clubs de lectura responde a outras actividades escolares reservadas para as datas previamente fixadas.