Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

Tradución feminina de Homero

Imagen
Pois así é. Así de feminina é esta versión que Begoña Caamaño fai de Circe e Penélope, as personaxes femininas que protagonizan Circe ou o pracer do azul. Moi lonxe das versións edulcoradas que nos mostran as diferentes interpretacións que se teñen feito a través da literatura ou do cine, esta obra ofrece a "outra lectura" que se pode facer das circunstancias e sentimentos que padecen as mulleres nun mundo de homes. Lémbranos aquel microrrelato de M. Denevi que comentamos no club de lectura:
Tradución feminina de Homero Toda a Odisea, coas súas viaxes, os seus naufraxios, as súas sereas, as súas herbas máxicas, os seu animais míticos, os seus pazos misteriosos, as súas aventuras e desastres é, para Penélope, unha inútil e tediosa demora nos seus amores con Ulises. Mentres tanto Amdrómaca rosma: “Que o vello Homero conte a historia á súa maneira. Eu darei a miña versión. Eu, que a vivín. Eu, unha pobre muller infortunada. Primeiro, lembro, foi a prohibición de saír da cidade. …