Entradas

Mostrando entradas de enero, 2014

Pacificando

Imagen
Un ano máis, celebrando un día de PAZ entre tantas frontes de batalla: recortes, novas leis de educación e do aborto... en fin, unha sociedade máis inxusta e menos libre.
Xa comentamos como afectou a esta biblioteca o recorte de profesorado. Por esta razón, as actividades que desenvolvemos non irían avante sen a colaboración e implicación de moit@s compañeir@s (titorías, orientación, dirección...)  que sempre están aí para botar un cabo.  Así as cousas, e botando man do traballo de anos anteriores, conseguimos programar actividades para falar de PAZ e dos  DEREITOS. Esta é a nosa proposta:


"Pido a Paz e a palabra". Lecturas do club de lectura bibliarousa arredor deste tema. Entre moitas outras, velaquí unha mostra:         ORIXE DO SÍMBOLO DA PAZ
 Deseñado polo artista británico Gerald Holtom en 1958 como emblema  dunha das meirandes marchas antinucleares da historia. En realidade,  é o logo de CND, Campaign for Nuclear Disarmament.  O deseñador construíu o símbolo a partir das…

A noite branca

Imagen
Velaquí o próximo libro que escollemos noclub de lectura bibliarousa+. Comentarémolo o martes, 18 de marzo.
Podemos consultar tamén o interesante blog de Fdez Naval, onde se recolle a entrevista ao autor no programa Eirado da TVG: http://fernandeznaval.blogaliza.org/category/a-noite-branca/