Xa comentamos como afectou a esta biblioteca o recorte de profesorado. Por esta razón, as actividades que desenvolvemos non irían avante sen a colaboración e implicación de moit@s compañeir@s (titorías, orientación, dirección...) que sempre están aí para botar un cabo. Así as cousas, e botando man do traballo de anos anteriores, conseguimos programar actividades para falar de PAZ e dos DEREITOS. Esta é a nosa proposta:
- "Pido a Paz e a palabra". Lecturas do club de lectura bibliarousa arredor deste tema. Entre moitas outras, velaquí unha mostra:
Deseñado polo artista británico Gerald Holtom en 1958 como emblema dunha das meirandes marchas antinucleares da historia. En realidade, é o logo de CND, Campaign for Nuclear Disarmament.
O deseñador construíu o símbolo a partir das letras N (uclear)
e D (isarmament) da linguaxe das bandeiras.
Primeiro colleron aos comunistas,
e eu non dixen nada porque non era
comunista.
Logo levaron aos xudeus,
e eu non dixen nada porque non era xudeu.
Logo, viñeron buscar aos obreiros;
non dixen nada, porque non era obreiro nin
sindicalista.
Máis tarde metéronse cos católicos,
e non dixen nada porque eu era protestante.
Cando, finalmente, viñeron por min,
xa non quedaba ninguén para protestar.
Martin Niemüller (1892-1984) Pastor luterano.
Foi un dos primeiros e máis tenaces críticos do
nazismo.
e eu non dixen nada porque non era
comunista.
Logo levaron aos xudeus,
e eu non dixen nada porque non era xudeu.
Logo, viñeron buscar aos obreiros;
non dixen nada, porque non era obreiro nin
sindicalista.
Máis tarde metéronse cos católicos,
e non dixen nada porque eu era protestante.
Cando, finalmente, viñeron por min,
xa non quedaba ninguén para protestar.
Martin Niemüller (1892-1984) Pastor luterano.
Foi un dos primeiros e máis tenaces críticos do
nazismo.
“Rapaces, coidado, loitamos moito
por conseguir o que tedes. Agora
tócavos a vós defendelo, mantelo e melloralo; non permitades que volo
arrebaten”.
Prólogo de J. L. Sampedro en “Indignaos!”, de Stephane Hessel. Este libro foi a
orixe do movemento 15 M.
- Exposición "Un mundo inxusto".Programada para os rapaces de 1º ESO xa que o resto do alumnado xa a visitara o ano pasado.
- Película Cometas en el cielo. Programada para todo o centro con sesións de traballo. Paralelamente, un concurso de papaventos co lema "Voando en son de Paz".