Eu seméntoa para que se multiplique.
Eu régoa para que non se murche.
Eu sóñoa para que a abale a lúa.
Eu cántoa para que o vento a zoe.
Eu navégoa porque estou a salvo no barco que me leva.
Así celebramos as nosas Letras, sementando palabras, colleitando poemas, versionando un ano máis esa fermosa idea de Mª Xosé Lázare (profesora do IES Castro Alobre) para que a nosa lingua poida durar Mil Primaveiras máis.
- Conferencia de Anxo Angueira para 3º ESO
|
Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, que ten a súa sede na Casa Museo de Rosalía, tomando posesión do cargo o día 1 de xuño de 2012
Traballa como profesor no IES do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. As súas obras literarias colocárono no primeiro plano da vida literaria do país. Como poeta publicou Val de Ramirás; O valo de Manselle; Libro da vertixe e o máis recente Fóra do Sagrado. Mais Angueira tamén destaca como poderoso narrador. Así o ten demostrado no libro de relatos Bágoas de facer illas ou nas novelas Pensa nao, Iria ou A Morte de A
|
|
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña en 2001. Doutorouse en 2008 coa tese Arquitectura de un desencuentro, sobre Alejandra Pizarnik, logo de diferentes estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Bos Aires. Dende entón non deixou a investigación sobre a literatura hispanoamericana, centrándose na figura desta poeta, impartindo seminarios e participando en numerosos congresos e revistas especializadas. En 2009 publica o seu primeiro poemario, O pouso do fume. Colaborou en revistas como Serta, Revista das Letras coa serie Esquiagrafías, Dorna co micropoemario OPIVM e Caravansari co micropoemario Silabario. En 2013 obtivo o Premio de poesía Concello de Carral coa obra Cronoloxía da urxencia.
A RAG adica este ano o día das Letras Galegas a Filgueira Valverde
|