VIAXE DE FIN DE CURSO
O pasado mes de abril, o alumnado de 4º de ESO disfrutou da viaxe de fin de curso a Madrid. No camiño paramos no Castelo de Arévalo para ver a mostra de máis de 400 cereais!! Xa en Madrid, contemplamos algunhas das numerosas mostras do Museo do Prado. E como non todo ía ser cultural, tamén tivemos tempo para cantar no musical Dirty Dancing; saltamos de árbore en árbore no Multiaventura e, como non, unha fantástica xornada no parque de atraccións Warner.
Foron días marabillosos nos que o alumnado puido celebrar a gran despedida dunha etapa para o comezo doutra, que seguro será positiva e na que os seus soños serán cumpridos.
Aquí vos deixamos cun pequeniño recordo...