BOOKTUBER
Gañador "Recitando Música"
Aquí tendes o seu recitado.
A Arousa Le
Os nosos alumnos e alumnas fan a súa achega ao día das Letras coa escolla destes poemas e microrrelatos.
Felices Letras 2020!
Recitando Música
Como sabedes, o próximo 17 de maio celébranse as letras galegas. Por iso,
propoñémosvos conmemorar este día, aínda que sen saír da casa, e encher as
redes de lingua.
A
primeira proposta é un CONCURSO, no que estades convidados a participar,
tanto alumnado como familias.Compartindo Lecturas
Despois do día do libro, queremos seguir compartindo lecturas con vós e facer estes momentos máis amenos.
Aquí tendes a nosa compañeira Fe, co microrelato elexido.
Aquí tendes a nosa compañeira Fe, co microrelato elexido.
Bos momentos.
Día do Libro
Como sabedes, o vindeiro XOVES 23 DE ABRIL celébrase o Día
Internacional do Libro e este ano toca facelo en confinamento, pero non por iso
menos especial.
Por
este motivo, desde o equipo da biblioteca do IES Illa de Arousa propoñémosvos
que nos enviedes un vídeo no que saiades lendo en voz alta un fragmento do
libro que escollades out amén nos vale algunha foto co libro.
Se vos animades tedes que envialo
a bibliarousa@gmail.com
ata o 23 de abril.
MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS!!
Recursos Dixitais
Nestes días de confinamento, non deixedes de ler.
A continuación tedes varias páxinas ás que podedes acceder para non deixar de lado a lectura:
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia pon á disposición da poboación o seu catálogo de libros e películas en formato dixital.
A continuación tedes varias páxinas ás que podedes acceder para non deixar de lado a lectura:
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia pon á disposición da poboación o seu catálogo de libros e películas en formato dixital.
Como podedes facer?
Se xa es socio/a
dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente
precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa
biblioteca.
Se non eres socio, pois Rexístrate e
coas claves que recibirás, accederás igualmente a Biblio Galicia e ao Catálogo
galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á
biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.
Para acceder ao catálogo pincha AQUÍ
Biblioteca Dixital Mundial. A UNESCO colgou na INTERNET o acceso á Biblioteca Dixital Mundial. Pincha na LIGAZÓN para poder gozar de todo o material do que dispoñen.
Outras páxinas de interese:

Dende o IES Illa de Arousa, sumámonos a estas semanas de cuarentena propoñendo ao alumando e familias que reciten algún poema.
Deste xeito, conmemoraremos o día da poesía (21 de Marzo) dende as nosas casas.
Podedes gravalas e envialas ao correo da biblio: bibliarousa@gmail.com para subila, despois ao noso blog.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






