CONCURSO CABAZAS SAMAÍN 2017


Non vos esquezades que este martes se celebra o Concurso de Cabazas en Bibliarousa neste Samaín 2017.
Como podedes concursar? O martes 31 tedes que traer unha cabaza preparada e decorada. O voso nome non pode estar visible, tédelo que indicar na base da cabaza. 

No recreo, as vosas compañeiras e os vosos compañeiros votarán as máis orixinais, creativas, o traballo que vos deu... 

Xa hai moita xente anotada para participar e ti, a que esperas????


LIBROS ELECTRÓNICOS EN BIBLIAROUSA!!!


Xa tedes á vosa disposición varios libros electrónicos na biblioteca. Non te demores moito que "me lo quitan de las manos"!!! 






CHEIRA A OUTONO E NATUREZA NA BIBLIOTECA


O alumnado de 4º de ESO fixo unha pescuda dalgunhas obras de temática ecolóxica que se agochan nas estanterías da nosa biblioteca.
Guiados pola profesora Sonia González,  deixaron mostra das obras escollidas cunhas fotografías preciosas que podedes ver na páxina de Instagram  




BENVID@S!!!




BENVIDAS E BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO NO IES ILLA DE AROUSA!!! 
COMEZAMOS CELEBRANDO O DÍA EUROPEO DAS LINGUAS COAS CREACIÓNS DO ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO...
ESCOLLERON UNHA PALABRA INTRADUCIBLE E FIXERON UNHA ILUSTRACIÓN A MODO DE EXPLICACIÓN...
TAMÉN SE REPARTIRON PEGATINAS CO LEMA "FÁLAME" EN DIFERENTES LINGUAS. 
Velaquí unha pequena mostra do traballo do alumnado:



Komorebi (Xaponés): Efecto da luz difuminada e entrecortada que acontece cando os raios do sol brillan entre as árbores.
Pegatinas co lema "Fálame" en diversas linguas
Sudoku (Xaponés): Xogo matemático

Won (Coreano): Rexeitamento por esquecer unha ilusión

Tsundoku (Xaponés): Acto de mercar un libro e deixalo nunha estantería sen lelo...

Culaccino (Italiano): Marca que deixan os vasos sobre unha mesa

Prozvonit (Checo): Facer unha chamada perdida para que cha devolvan
Iktsuarpok (Inuit): A frustración de agardar por alguén
Gökotta (Sueco): Acordar cedo co propósito de escoitar aos paxaros cantar
Fernweh (Alemán): Morriña por un lugar ao que nunca fuches
Pochemuchka (Ruso): Persoa que fai demasiadas preguntas

Aware (Xaponés): Felicidade melancólica por un momento de beleza efímero
Hanyauku (Rukwangali): Acto de camiñar sobre a ponta dos pés sober a area quente

DESPEDIDA COS "CAMIÑOS NA AUGA"



Esta novela escolleuse conxuntamente co Instituto da Basella de Vilanova. O plan inicial, proposto ademais pola editorial, era que Núñez Singala fixera unha visita para ambos  institutos para comentar connosco o seu libro pero finalmente non puido ser, o que realmente é unha pena xa que tiñamos moito interese en que os rapaces participaran nunha sesión conxunta coa Basella que é o centro onde van a acudir un bo número dos nosos alumnos de 4º.
Non se fixeron moitas sesións por falta de tempo pero cómpre indicar que a obra cumpriu notoriamente co noso horizonte de expectativas!
Amais de falar cada un dos aspectos que máis nos chamaron a atención ou que máis nos impactaron,  fixemos unha viaxe cibernética a través dos lugares máis significativos da ruta realizada por Szymo como o Lago Vitoria, Tanganica ou o río Lukuga-Congo...





FESTA FIN DE CURSO CLUBES DE LECTURA



BOAS!! Onte tivemos a oportunidade de somerxernos na festa de fin de curso dos clubes de lectura, celebrada no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Alumnado de 3º e 4º de ESO participou en obradoiros interdisciplinares: radio, creación literaria, intercambio de libros... da man de grandes literatxs como Ledicia Costas que foi unha das escritoras traballadas no noso clube de lectura con Escarlatina, a cociñeira defunta; tamén César Mallorquí a quen coñecemos ben no centro grazas ás súas Lágrimas de Shiva. Falou de que a mala literatura tamén debe ser disfrutada porque "grazas" a ela se van formando novas e novos lectores críticos.
O colofón final veu da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre quen nos fixeron brincar e transmitirnos que os soños poden ser cumpridos!!!
Até o vindeiro curso!! Desde o noso clube xa estamos artellando novas cousiñas para fomentarmos o gusto pola lectura para que o noso alumnado non deixe de soñar!!

Antón Riveiro, Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Ramón Nicolás no obradoiro "Claves literarias para tres voces con éxito". 

César Mallorquí

César Mallorquí

Berta Dávila, Rosalía Fernández, Tamara Andrés e Francisco Castro no obradoiro: "Botarse a escribir"

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre transmitindo boa música e bo ambiente!

O grande Agustín Fernández Paz foi mencionado durante a festa de onte...

VIAXE DE FIN DE CURSO

O pasado mes de abril, o alumnado de 4º de ESO disfrutou da viaxe de fin de curso a Madrid. No camiño paramos no Castelo de Arévalo para ver a mostra de máis de 400 cereais!! Xa en Madrid, contemplamos algunhas das numerosas mostras do Museo do Prado. E como non todo ía ser cultural, tamén tivemos tempo para cantar no musical Dirty Dancing; saltamos de árbore en árbore no Multiaventura e, como non, unha fantástica xornada no parque de atraccións Warner. Foron días marabillosos nos que o alumnado puido celebrar a gran despedida dunha etapa para o comezo doutra, que seguro será positiva e na que os seus soños serán cumpridos. Aquí vos deixamos cun pequeniño recordo...









CHUVIA DE MICRORRELATOS




En abril, para conmemorar o Día do Libro e baixo o lema “En abril, libros mil”, levamos a cabo esta actividade para a que contamos coa colaboración dos alumnos de 1º e 2º da ESO e cos departamentos de Lingua castelá e Lingua galega. Todos os alumnos tiñan que escribir o seu microrrelato a partir dun comezo común “Aquel libro aparecera misteriosamente no andel” (en galego, para os alumnos de 2º e en castelán, para os alumnos de 1º). Despois, plasmaron os seus textos en cartolinas recortadas con forma de gotas de chuvia. Todas estas gotas foron colgadas na entrada do centro ofrecendo unha auténtica chuvia literaria...





PENÉLOPE: Obradoiro Poético con Dores Tembrás




O pasado xoves 18 o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de participar nun obradoiro literario con Dores Tembrás, quen lles deu a coñecer un chisco máis a figura da mítica Penélope a través da literatura galega máis tamén da música e a arte plástica. 
Aquí vos deixamos cun pequeno recordo fotográfico...




RECITANDO A CASARES...




O martes 16 de maio, o Concello de A Illa organizou un acto sobre a figura de Carlos Casares con motivo da celebración do Día da Letras Galegas. Alí, @s alumn@s de Primaria e Secundaria leron unha escolma de textos da obra do ourensán , acompañados por pezas musicais que interpretaron @s alumn@s da Escola de Música do Concello







PASAPALABRA POLAS LETRAS



Onte, 16 de maio, disfrutamos dunha divertida sesión de Pasapalabra co alumnado de 1º ESO. Un total de 47 alumnas e alumnos, distribuídos en 12 equipos, xogaron a adiviñar as palabras que se agochaban detrás de cada unha das definicións que elas/eles mesmos elaboraron nas clases de lingua. Como vedes, os roscos son súper creativos!! Houbo premios doces para todos!!!

😜😜

Son unhas/uns artistas!!! 




Participantes adiviñando palabras 😃
Até construíron un muíño de vento... 😍



GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: DÍA DA MULLER



GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
DÍA DA MULLER

1º PREMIO PARA ANDRÉS ROMAY DE 2º A

2º PREMIO PARA LAURA MOROÑO 2ºA

3º PREMIO PARA LUCAS GARCÍA 2ºB

4º PREMIO PARA PAULA AGRA 4ºB