Cine, Amor e Poesía II

Seguimos falando do Amor. Esta vez escollemos unha escena de Wall-e, o momento no que o robot agarda pacientemente a que a súa namorada, Eva, volva a ser a que era. Todo un exemplo de Amor.
Despois escoitamos a versión de Uxía de un dos poemas de Amor máis fermosos:
Eu en ti
e Moraima, de Celso Emilio Ferreiro.

Cine, Amor e Poesía

Comezamos unha nova andaina no club de lectura da man do Amor, o Cine e a Poesía.
Quixemos aproveitar a exposición do Amor que tivemos recentemente na biblioteca e tamén, celebrar o día da poesía facendo unha combinación de poemas e escenas de Amor. O risco de poñernos cursis é moi alto pero, como di Pessoa: "só as criaturas que nunca escribiron cartas de amor son as que son ridículas"
Iniciamos esta sesión cunha selección de poemas de Pablo Neruda, acompañados dunha escena de El Cartero de Pablo Neruda.
Ao longo das seguintes sesións ilustraremos os poemas seleccionados con escenas de películas que compartan o tema do Amor.
Esta é a escena que comentamos, iso si, en italiano:



Banda deseñada II: De Profundis.

Para pechar as sesións do Club de Leitura adicadas á banda deseñada, deleitámonos co visionado destes dous vídeos.
Centramos as leituras e os comentarios no autor galego máis internacional, Miguelanxo Prado, paseando por historias das suas Quotidianías Delirantes e dos Fragmentos da Enciclopedia Délfica. Non podíamos acabar sen dar unhas vistas, cando menos, ao trailer de De Profundis e a ese outro pequeno vídeo onde vemos ao autor inspirándose para a creación.



Amor na biblioteca




Un ano máis, estamos namorad@s.
Durante estes días @s alumn@s dos diferentes cursos van pasando pola nosa exposición titulada Que me queres, Amor?
Comezamos coa lectura dalgúns poemas de Cortázar, Pessoa, Aníbal Jairo, textos de Darío X. Cabana, Rosa Aneiros...
Despois, facemos un percorrido dos BICOS a través da Historia da Arte e do cine cunha presentación de power point.
Logo, xogamos a emparellar bicos famosos
Para acabar, cadaquén colle os poemas de amor que lle gusten (non paramos de repoñer!!!)



Xornais do Mundo andando o mundo.

A nosa exposición de Xornais do Mundo saiu de viaxe, e anda de xira polos institutos de media Galiza. No blog Trafegando Ronseis fanse eco dela e prepararon unha presentación con todos os xornais.

Que gusto dá poder compartir o traballo!!

Banda Deseñada (I)



O club de lectura Bibliarousa comeza un novo ciclo temático: a banda deseñada. Principiamos a primeira sesión facendo un percorrido pola historia do cómic; mostrando algúns conceptos teóricos sobre as diferentes técnicas e botándolles un vistazo ás obras que andan pola nosa biblioteca (Emigrantes, Crónica Marvel, BDbanda....
Escollemos un autor para traballar: Miguelanxo Prado
Este autor vainos abrir varios camiños para gozar das súas lecturas: a crítica social de Quotidianía delirante,as viaxes fantásticas de Fragmentos da enciclopedia délfica, o pracer estético de De Profundis...

Unha nova de interese para os máis "postos" nas novas tecnoloxías: Quotidianía delirante editarase para IPhone e I Pod Touch.

A revolta dos mouses



O noso agasallo de Nadal!!!
O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiceiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e frores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo.
Director:David Alejandro Gen

BiblioNadal: para toda a familia (1).



NESSMANN, Philippe: Todas las respuestas a las preguntas que nunca has hecho. Faktoría K de libros. 2009

Un libro para saciar a curiosidade dos lectores máis inquedos, persoas interesadas no que, como, cando, onde e por que do que nos rodea.
Unha obra que aborda sete grandes áreas de coñecemento, con solucións ás preguntas máis inesperadas
.

Destaca pola súa presentación, a modo de cuaderniño, e a estructura narrativa, de xeito que ao final de cada resposta engádese unha nova cuestión relacionada co tema tratado, ampliando os coñecementos recén adquiridos.

Unha crítica para que saibades outras opinións.

VILLAR, Domingo: A Praia dos afogados. Ed. Galaxia

Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.

Para saber máis sobre el, unha crítica dunha alumna de ESO, e un artigo no El País.




SIERRA I FABRA: Kafka y la muñeca viajera. Ed. Siruela.

O escritor barcelonés Jordi Sierra i Fabra hgañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, con esta obra publicada por Siruela que recrea un episodio real da vida do escritor checo, un encontro entre Kafka e unha nena que chora por ter perdido a súa boneca.

Un año antes de su muerte, Franz Kafka vivió una experiencia muy insólita. Paseando por el parque Steglitz, en Berlín, encontró a una niña llorando desconsolada: había perdido su muñeca. Para calmar a la pequeña, el autor de La metamorfosis se inventó una peculiar historia: la muñeca no se había perdido, se había ido de viaje, y él, convertido en cartero de muñecas, tenía una carta que le llevaría al día siguiente al parque. Aquella noche Franz escribió la primera de las muchas cartas que, durante tres semanas, entregó a la niña puntualmente, narrando las peripecias de la extraordinaria muñeca desde todos los rincones del mundo. Según cuenta Dora Dymant, su compañera en aquellos días, el estado febril con el que Kafka escribía esas cartas era comparable al de cualquiera de sus inmortales obras. Éste es el relato de aquella experiencia, en la que Franz Kafka fue un mago de la palabra para una niña desconocida de la que jamás volvió a saberse nada, como tampoco de aquellas cartas que constituyen uno de los misterios más hermosos de la narrativa del siglo XX.

Unha crítica para que vos animedes a ler.

A maxia de Idhún






Durante estas sesións fomos comentando Memorias de Idhún II. Como era un "tochazo" e, ademais, tivemos que esperar polos lectores de 1º que aínda non leran a primeira parte, fomos animando a lectura coas seguintes actividades:


-unha "porra", apostando sobre o que ía pasar...

- xogo de cartas con distintos obxectos máxicos

Terror na Biblioteca 2

E aproveitando o costume de decorar cabazas, pedímoslle ao alumnado do centro que trouxese calacús decorados terroríficamente. Teñen toda esta semana para facelo, porén xa chegaron os primeiros exemplares, que acompañan a exposición de libros. Destes calacús poden sair grandes historias:

Un calacú renal. Terror con Papá Noel.


Un calacú momia. Medo nas Pirámides.


Un calacú meiga chuchona. Apócema na Arousa.


Un calacú fantasmal. O paiaso do medo.


Un calacú demoníaco. Inferno de Chufre.


E seguirán chegando máis!

Terror na Biblioteca 1

Como este fin de semana cadraron dúas terroríficas celebracións, o Halloween e o Samaín; ás que ademais se lle xunta o día de defuntos, na Biblioteca organizamos unha pequena exposición de fondos (libros e películas) centrada no tema do terror e o misterio. E como estabamos animados, tentamos ambientala para que asustase aos lectores e lectoras:


Gatos negros de Allan Poe e vampiros chupasangues guían o camiño cara a Biblioteca.


Na entrada, un concurso para adiviñar personaxes de terror.


No interior, un túnel asustador leva aos libros.

CÓLLEO, SE TE ATREVES

Despois de ler os microrrelatos, xa decidimos a seguinte lectura: Memorias de Idhín II La Tríada. O curso pasado comezamos con Memorias de Idhún I. La Resistencia.

Na próxima sesión repasaremos a historia da 1ª parte e faremos unha porra para ir adiviñando que vai pasar. Así dános tempo a ir lendo as 700 páxinas. Vémonos o venres no recreo.