Microrrelatos no club de lectura


Acabamos o ciclo de ciencia ficción partindo deste suposto: se a especie humana desaparecese da Terra, que tipo de obxectos poderiamos deixar como testemuño da nosa cultura? Entre todos fomos propoñendo diferentes elementos que nos caracterizan, que nos definen como humanos, tales como: un reloxo, un ordenador,un libro de Historia, restos vexetais e animais...
Despois de facer estas reflexións, vimos dúas escenas da película Farenheit 451 e falamos do que significaría unha sociedade na que non houbese o dereito de ler..
Propoñemos para a próxima sesión do club de lectura, comezar con microRRELATOS,un formato breve de lectura intensa. Vémonos, coma sempre, o venres no recreo.

Comentarios

Carmela dixo…
o meu favorito é PARTO pareceume moi bonito e entrañable
bibliarousa dixo…
Credes que o autor fai trampa neste relato?
Anónimo dixo…
Eu creo que ese microrrelato é un exemplo de como ás veces as cousas non son o que parecen en principio. Con moita frecuencia nos apresuramos a xulgar (feitos, persoas...) sen ter un mínimo de información, e despois pasa o que pasa. :-)

MAG

Publicacións populares