Mil primaveras por ler


Un ano máis, un día de celebración para eses nosos compañeiros de viaxe: os libros. Aínda que non son bos tempos para a lírica e, por veces, parece que imos cara a unha xeración  fast-book, de lectura rápida e superficial, nos libros agóchase todo un mundo por aprender e por gozar.
No instituto celebramos este día con actividades realizadas polo departamento de Orientación, a través das titorías coa lectura e comentario do poema de Paula Carballeira, que nos chega desde a rede de bibliotecas escolares:






Comentamos, tamén, algún dos seguintes vídeos que nos fan reflexionar  sobre  ese mundo:










Novas lecturas

Novas lecturas propostas para os clubs de lectura:

 -bibliarousa 1 (1º e 2º ESO) O misterio das badaladas, de X. P. Docampo

A historia vai de misterio. O reloxo do campanario da igrexa de Eiranova, cada medianoite, dá 13 badaladas no canto  de 12. Os protagonistas, cativos da vila, irán desembrullando o enigma ata descubrir por que soa a campá máis do debido e a quen lle interesa que iso ocorra.



- bibliarousa 2  (3º e 4º ESO) Traición, de Scott Westerfeld

Tally espera con impaciencia cumprir os 16 anos, porque a esa idade someterase a unha intervención cirúrxica que a converterá en perfecta. A súa transformación, con todo, vese ameazada cando a súa amiga Shay foxe para unirse á resistencia, un grupo de disidentes que non queren someterse á operación e que viven no Fume, unha cidade clandestina.

- bibliarousa + (adultos)  Herdeiros pola forza, de M. Gago e X. Ayán


Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI 

Como so carballos e castiñeiros, o libelo Herdeiros pola forza ten tres partes:cerna, sámago e cortiza. A cerna é unha retranqueira crítica historiográfica dos modelos de xestión do patrimonio cultural que se sucederon desde o século XIX. O sámago é unha denuncia expresa da situación actual, na que unha elite de burócratas, técnicos, académicos e intelectuais marxina as comunidades locais e a cidadanía en xeral na xestión de bens patrimoniais públicos. Finalmente a cortiza é unha alegación esperanzada a prol da participación activa da sociedade civil non só no goce do inmenso referente identitario que é o noso patrimonio cultural, senón tamén no proceso de construción social do coñecemento sobre o noso pasado.