AVISO! Manexe con cautela. Ler crea adición.

 



Ai, o Nadal, unha das datas máis esperadas por todos. As comidas, as festas, o turrón, as vacacións, decorar a árbore, os agasallos, a familia... e o tempo libre para ler, ler e ler sen parar.

Ás veces, o ritmo do curso afóganos e deixamos de facer  o que máis nos gusta. Pois agora debes recuperar o tempo perdido. E para que che sexa máis doado, en Bibliarousa facémoche as recomendacións lectoras máis variadas, aptas para todos os públicos. 

Pensa que libro che gustaría ler e pídeo en prestamos.bibliarousa@gmail.com

Samaín en Bibliarousa


 O Samaín sempre é unha boa festa para gozar das tradicións. Na Arousa temos o Día de Pedir como algo case única e especial. Este ano foi ben diferente, pero iso non nos impediu gozar do día igual. Neste caso, cuns bos relatos que che xean a pel. 

Lucía (2ºD) e Xoel (4ºB) mandáronnos estas historias de creación propia que merece a pena escoitar e, por que non, contar e difundir. Un pouquiño de medo non lle fai mal a ninguén, ou si?

E para que non quededes con gana de máis historias e
starrecedoras, deixámosvos algunhas recomendacións lectoras que non vos van deixar indiferentes.



Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (Ed. Xerais)

Cando petan na porta pola noite, de X. P. Docampo (Ed. Xerais)

Á lus do candil, de Ánxel Fole (Ed. Galaxia)

Pasaporte lector #Bibliarousa

 


Eis, viaxeirxs! Todas as viaxes requiren dunha identificación, e as que nos facemos en Bibliarousa non ían ser menos. 

Pedide na Biblio o pasaporte lector. Selade os libros que collades na Biblio e cada cinco lecturas, levaredes un agasallo. E garda o pasaporte, as boas e os bos viaxeiros levaran un premio final!

E non perdades nas nosas redes sociais as recomendacións lectoras para pasar un nadal cheo de aventuras, e sen saír do sofá!


#Bibliarousa en tempos de pandemia



É certo que a vida nos cambiou, e moito. E desde logo o isntituto xa non é o que era. Pero pronto volveremos á normalidade. Mentres, os libros son unha boa forma de levar mellor a situación. Non deixes de ler!

A pandemia pechounos a biblio pero poderemos seguir levando libros para a casa para gozar das tardes dunha forma espcial.

Aquí tes a "nova normalidade" de Bibliarousa, que esperamos, durará pouco.

Debes solicitar os libros que desexes en prestamos.bibliarousa@gmail.com.

Anímaste!