Bo ano lector!
Na Arousa despedimos este ano coas lecturas que máis nos gustaron. E construímos unha grande árbore, para devolverlle ás follas ese seus estado orixinal por un anaco. E qudou ben xeitoso, non si?
Nadal de libros
O ano acaba, e con el facemos memoria dos libros lidos e listaxe dos que veñen. Por iso deixamos aquí as suxestións lectoras que podedes incluír nos propósitos do vindeiro ano. Botádelle un ollo e animádivos tamén a facer suxestións!
Club de Lectura. Sibila
Dunha Illa a outra Illa. Unha sen nome que non fixo senón mergullarnos en todas as illas que hai en nós. Rosa Aneiros nuca defrauda e deixounos un Club de Lectura cheo de reflexións.
A lingua, os topónimos, os personaxes, as relacións... deixáronnos atrapadas, como prendidas do fío vermello do vestido de Amalia, dos ollos de Minina ou dos paxaros de Miluchas. Nós tamén queremos beber agora auga da fonte de Setestrelo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)