Booktráiler: Ons, de Carlos Meixide.

 
A novela Ons, de Carlos Meixide, é unha das lecturas obrigatorias da materia de Lingua e Literatura Galega de segundo da ESO. Ao alumnado encántalle e tras coñecer á panda de Roi, Suso, Anabel, Fátima e a cadela Rula continúan a saga cos outros libros do autor: Cans, Guitiriz, Arousa e Portugal.

Migración de Meiga a Koha

 

A Biblioteca do IES da Illa de Arousa mudou neste curso escolar o seu programa de xestión, de xeito que migrou do sistema Meiga ao programa denominado Koha. Este novo programa ofrece varias vantaxes con respecto ao anterior, xa que permite a xestión dos fondos da biblioteca desde calquera ordenador conectado a Internet, a calquera persoa que dispoña dos permisos correspondentes. Anteriormente, só era posible xestionar os préstamos e devolucións desde o computador da biblioteca. Ademais, tamén axiliza o proceso de coller e levar libros mediante o uso dun lector de código de barras.

O catálogo da biblioteca tamén cambiou o espazo virtual. Se queren consultar os nosos fondos deben acceder a esta ligazón.

Marexadas: 25 cadros con collage inspirados no mar

 

 
Ata o 30 de maio podedes ver no auditorio municipal a exposición Marexadas, que inclúe 25 cadros de collage realizados polo alumnado de 4º da materia Expresión Artística. Co mar como eixo temático,  a rapazada seleccionou imaxes do arquivo familiar e municipal e transformounas  mediante a técnica do collage, dándolle unha nova perspectiva. Esta actividade do IES da Illa de Arousa está incluída na liña do Plan Proxecta denominada 'Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional'. Máis información nesta ligazón.
 


Concurso literario do Día do Libro


 O Departamento de Lingua Castelá e Literatura convocou un concurso literario con motivo ddo Día do Libro, celebrado o 23 de abril. O certame aínda está aberto, animádevos a presentar o vosdo microrrelato ou poema!

Reto lector 2025

 

Comezamos o ano cun reto lector para o primeiro trimestre do curso. Animádevos a participar!