Booktráiler: Ons, de Carlos Meixide.

 
A novela Ons, de Carlos Meixide, é unha das lecturas obrigatorias da materia de Lingua e Literatura Galega de segundo da ESO. Ao alumnado encántalle e tras coñecer á panda de Roi, Suso, Anabel, Fátima e a cadela Rula continúan a saga cos outros libros do autor: Cans, Guitiriz, Arousa e Portugal.

Migración de Meiga a Koha

 

A Biblioteca do IES da Illa de Arousa mudou neste curso escolar o seu programa de xestión, de xeito que migrou do sistema Meiga ao programa denominado Koha. Este novo programa ofrece varias vantaxes con respecto ao anterior, xa que permite a xestión dos fondos da biblioteca desde calquera ordenador conectado a Internet, a calquera persoa que dispoña dos permisos correspondentes. Anteriormente, só era posible xestionar os préstamos e devolucións desde o computador da biblioteca. Ademais, tamén axiliza o proceso de coller e levar libros mediante o uso dun lector de código de barras.

O catálogo da biblioteca tamén cambiou o espazo virtual. Se queren consultar os nosos fondos deben acceder a esta ligazón.