mirando o mundo coas nosas gafas violeta

No noso club de lectura seguimos comentando o libro "El diario violeta de Carlota" onde aparece, entre moitos outros, o tema da publicidade sexista que nós ilustramos con fotos de anuncios publicitarios ben coñecidos: Axe, Dolce & Gabana, Barceló... Para completar este tema, velaquí unha mostra da relación entre este tipo de publicidade e a violencia de xénero:

"Otra idea de Galicia"


Botamos a andar o noso club de lectura de adultos bibliarousa+ co comentario da novela "Afirma Pereira". Falamos da soidade, do fascismo, de censura, de literatura, de cine... Vaia, unha sesión ben, ben aproveitada.
Houbo varias propostas de lectura para a seguinte sesión e, ao final, escollemos
"Otra idea de Galicia" de M. A. Murado, un ensaio moi interesante sobre como somos os galegos; por que somos como somos... O autor vai desfacendo moitos dos tópicos sobre esta terra e apuntando moitas ideas para o debate. Se queredes falar de todo isto, aquí estaremos o martes, 22 de marzo ás 8, na biblioteca do instituto


Xornais do mundo



Un ano máis, despois do seu percorrido por moitos institutos de Galicia, temos de volta a nosa exposición Xornais do mundo.

Esta exposición pretende mostrar os distintos alfabetos do mundo xa que conta con exemplares en linguas moi diferentes: chinés, xaponés, tamil, grego, ruso, árabe...

Tamén mostra información sobre estes alfabetos e curiosidades como a orixe da letra @

Durante esta semana visitárona todos os cursos e creo que todos saben un pouquiño máis sobre as linguas do mundo, ata sabemos escribir o noso nome en chinés ou árabe!!!

Queremos aproveitar para agradecer a colaboración de todos os institutos polos que pasou que foron enriquecendo a colección e completándoa coa tradución dalgunhas portadas. Por certo, hai por aí alguén que nos axude a traducir xaponés ou chinés? Sería unha boa aportación a esta exposición.

Máis amores

Para que continuedes a inspirarvos...

Para que vos inspiredes neste percorrido pola Historia da Arte a través dos bicos...
Se despois de ver isto non somos capaces de escribir unha mensaxe de AMOR...

SMS Amor


Podes namorar a alguén a distancia?
O amor é cuestión de fermoss palabras?

Que mensaxe de Amor che gustaría recibir?

Se estás namorad@ escribe a túa mensaxe de Amor segundo as bases que figuran no concurso:
Tema: O AMOR
Límite: 100 caracteres
Prazo: ata o 14 de febreiro
Entrega: biblioteca

bibliarousa+

Despois de varios intentos, botamos a andar o novo club de lectura para adultos que se vai chamar BIBLIAROUSA+ Queremos compartir esta iniciativa con tod@s @s lector@s que se animen a comentar un libro unha vez ao mes, na biblioteca do IES Illa de Arousa.
Para a seguinte sesión, martes, 22 de febreiro escollemos Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi
A película co mesmo título tamén nos parece moi interesante, aquí tedes unha mostra:

As nosas gafas violeta


Como podedes VER, na ultima sesión do club de lectura fixemos as nosas gafas violeta coa intención de mirar o mundo a través delas, é dicir, observar condutas machistas, actitudes de homes e mulleres que non respectan o espazo e os dereitos da muller. Xa vos contaremos!!!

O diario violeta de Carlota


Este é o novo libro que escollemos para comentar no noso club de lectura.
A protagonista desta historia é Carlota, unha rapaza que acaba de cumprir 14 anos e a súa avoa regálalle un diario.
  • Quen decidiu que, en asuntos amorosos, os rapaces teñan que tomar a iniciativa?
  • Por que a cor azul ten que ser a cor dos rapaces e a rosa, a das rapazas?
  • Por que está mal visto que choren os homes?
  • Por que é máis importante o aspecto físico das rapazas que o dos rapaces?
Carlota descobre tamén as cifras arrepiantes: o 70% dos pobres da Terra son mulleres, o 65% dos analfabetos da Terra son mulleres…
En todo isto vai pensando Carlorta mentras comeza a mirar o mundo coas súas gafas cor violeta.

Boas novas!!!!




O noso club de lectura foi incluido, un ano máis, na rede de bibliotecas escolares. Isto supón unha achega económica importante que nos permitirá seguir coas nosas actividades pero mellorando os medios, por exemplo, poder dispoñer de exemplares para cada lector.
Como esta actividade nos parece interesante e divertida, decidimos ampliar fronteiras e propoñer a constitución dun club de lectura para os pais e nais que se animen . Para falar deste tema, agardámosvos o martes, 18 de xaneiro ás 8 h., no instituto. Trataremos das lecturas ou películas que nos poidan interesar, das datas de reunión...

Facer as Américas


Durante este curso, traballaremos o proxecto "Facer as Américas". Trátase dun proxecto interdisciplinar no que están implicados todos os departamentos e, por suposto, todo o alumnado. Para saber algo máis , entra no blog "Facer as Américas". http://www.illaexpoamerica.blogspot.com/

Outra Carrapuchiña Vermella.


Interpretación do conto da Carrapuchiña Vermella por parte de Paula Carballeira. Un pouco rotunda e destrutiva pero ben breve. Para o Club de Lectura... Pinchade aquí.

A ilustración é de Carmen Segovia Moreno.

lobishome


Seguindo co ciclo de terror,comentamos o conto O lobo da xente de V. Risco.
Para completar o estudo do lobishome, escollemos unha escena da película
En compañía de lobos de Neil Jordan na que se fai unha revisión do mito da carapuchiña vermella. Nós escollemos a escena na que a carapuchiña chega á casa da avoa e descobre quen é, de verdade, o lobo.