Boas novas!!!!




O noso club de lectura foi incluido, un ano máis, na rede de bibliotecas escolares. Isto supón unha achega económica importante que nos permitirá seguir coas nosas actividades pero mellorando os medios, por exemplo, poder dispoñer de exemplares para cada lector.
Como esta actividade nos parece interesante e divertida, decidimos ampliar fronteiras e propoñer a constitución dun club de lectura para os pais e nais que se animen . Para falar deste tema, agardámosvos o martes, 18 de xaneiro ás 8 h., no instituto. Trataremos das lecturas ou películas que nos poidan interesar, das datas de reunión...

Comentarios

David Dios Besada dixo…
Derombos a axuda outro ano, k ben! ahora podesde sejir un bo ritmo de lecturas jejejeje
Cando pase todo un novo curso, en 2 anos podiades repetir os libros que nos fixemos cando empesamos o club.
A ver se me paso un dia a dar unha visita nun recreo k haia club de lectura jejejejeje
bibliarousa dixo…
Moitas grazas, David, por estar por aí e por botar un vistaso ás nosas actividades. Xa sabes que nos gustaría moito volverte ver. Cando queiras, xa sabes onde estamos
Anónimo dixo…
Os e as ex do club de lectura podedes animarvos e participar no de adultos...

susana

Publicacións populares