Na primeira sesión deste curso, no club de lectura
bibliarousa, comentamos as nosas lecturas de verán:
Sangre de Tinta de Cornelia Funke
, A sombra do vento, de Carlos Ruiz Zafón e varios libros máis.
Despois de darlle moitas voltas, escollemos
Memorias de Udhún, de
Laura Gallego. Esta obra contaba con boas referencias por parte dos nosos lectores e podiamos conseguir os exemplares precisos para cada participante.
Vémonos o próximo venres no recreo.