Mochilas viaxeiras



A mochila viaxeira é un proxecto da biblioteca IES Illa de Arousa que ten por finalidade achegar ao alumnado e ás familias diferentes obras dos nosos fondos.

O contido está adaptado ao nivel d@s alumn@s e integrado na programación das distintas materias.

Comezamos esta actividade no nivel de 1º ESO, coa intención de que vaian rulando de curso en curso e de man en man.


O que tes nas túas mans é un material que debes coidar e devolver no prazo indicado pero, ante todo, úsao e aprovéitao.


Comentarios

Anónimo dixo…
De que se trata o da mochila viaxeira? non o entendo.

Cibr@n
bibliarousa dixo…
As mochilas viaxeiras conteñen libros, películas, revistas...
distintos materiais dos fondos da nosa biblioteca.
Sortéanse entre os voluntarios e, despois de ler os libros, devólvense.
Comezamos por 1º ESO. A idea é ampliar a actividade ao resto dos cursos, adaptando o seu contido ao nivel correspondente.

Publicacións populares