Ai das que levan na fronte unha estrela! Ai das que levan no bico un cantar!
Así define Curros Enríquez a Rosalía de Castro, a escritora que queremos lembrar por cumprirse o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos.
Son moitos os traballos que nos chegan desde a rede de bibliotecas escolares para conmemorar este día. Velaquí unha escolma:
- desde a Asociación de Escritores de Lingua Galega, un percorrido pola personalidade poética da escritora
- desde o IES San Paio de Tui: Lingua nai, nai da Lingua
- bibliarousa 1. Abdel, de Enrique Páez. Abdel é un rapaz tuareg nómade que un día ve como cambia a súa vida: o seu pai, Yasir, decide emigrar a España procurando mellor vida; pero a viaxe vai estar chea de dificultades. Una novela que aborda o tema da inmigración ilegal. Velaquí unha curta animada dos primeiros capítulos da novela, feito por Carlos Aldana, un rapaz guatemalteco que fixo a súa primeira curtametraxe cando tiña 16 anos.
-
- bibliarousa 2. Donde los árboles cantan,de Laura Gallego.Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida ao novo Robian de Castelmar desde que ambos eran pequenos. Os dous ámanse e casarán na primavera. Con todo, durante a celebración do solsticio de inverno, alguén advirte ao rei de Nortia e os seus cabaleiros da ameaza dos bárbaros das estepas... e tanto Robian como o duque vense obrigados a marchar á guerra...
- bibliarousa +. As voces baixas, de Manuel Rivas."Todos e todas levamos dentro voces altas e baixas. A todos nos pode saír nalgún momento o ego napoleónico ou a voz do cacique. A cuestión é telas controladas: preocuparse cando nos saen esas voces altas". "No tempo histórico que abrangue o libro, nese período de prohibicións e constante vixianza do ollo panóptico do poder, as mulleres vivían moito máis amarradas que os homes"
Durante esta semana fomos traballando no noso Proxecto Dereitos Humanos. Tal como programamos, estas foron as actividades realizadas:
-Visita á exposición "Un mundo inxusto". Cada curso foi visitando a exposición e realizando un cuestionario.
- Visionado da película "Los juegos del hambre", acompañada dunha unidade didáctica para traballar o tema da Paz e os Dereitos Humanos. Esta unidade foi aproveitada, tamén, para traballar as diferentes competencias, particularmente a competencia lingüística e a social utilizando a dinámica de xogos cooperativos.