Estivo con nós Manolo Gago, xornalista de profesión e arqueólogo de vocación. A súa exposición sobre "A Illa dos Mortos" foi toda unha lección sobre arqueoloxía, respecto ao patrimonio, entusiasmo, vocación didáctica... Creo que ese día conseguiu que naceran moit@s arqueólog@s!
No club de lectura Bibliarousa + lemos o libro que comparte con X. Ayán, Herdeiros pola forza e esta charla foi o complemento perfecto a esta lectura.
Esta obra é unha chamada á acción para recuperar o noso inmenso patrimonio cultural no horizonte do século XXI. Non deixedes de consultar o seu interesatísimo blog ((capítulo 0))
Velaquí unha mostra do seu traballo sobre "A Illa dos mortos"