Concurso Fotografía Día da Muller Traballadora


Resultado de imagem para mujer trabajadora
8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Concurso de fotografía A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

BASES





TEMA E CATEGORÍAS

A temática das fotografías deberá reflectir o traballo das mulleres no concello da Illa de Arousa en calquera ámbito (público ou privado),  mostrando o papel feminino en diferentes eidos da nosa sociedade.

Establécese unha categoría:
- FOTOGRAFÍAS ACTUAIS: Valorarase a dificultade non soamente técnica senón tamén do momento no que foron sacadas, a orixinalidade, a achega que signifique a imaxe ao coñecemento e recoñecemento do traballo das mulleres da Arousa.

PARTICIPANTES
Neste concurso poderá participar calquera alumno/a, autor/a das imaxes presentadas.

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS
Admitiranse ata tres fotografías por autor, que poden estar relacionadas entre si (serie) e que en calquera caso poderán ser en branco e negro ou color; tomadas por calquera tipo de cámara. As fotografías deberán presentarse na Biblioteca do centro en soporte dixital ou en soporte CD en formato JPG ou PNG, con boa resolución e dun sobre pechado dentro do cal figurarán os seguintes datos para a súa identificación: Nome e Apelidos, Curso, Título da foto e data e lugar onde se realizou.

PRAZO DE ADMISIÓN
O prazo de admisión de traballos estará aberto MÁXIMO até o día 6 de marzo de 2017.

EXPOSICIÓN
As obras participantes serán expostas no IES Illa de Arousa. A exposición será inaugurada o Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo de 2017.