CHUVIA DE MICRORRELATOS




En abril, para conmemorar o Día do Libro e baixo o lema “En abril, libros mil”, levamos a cabo esta actividade para a que contamos coa colaboración dos alumnos de 1º e 2º da ESO e cos departamentos de Lingua castelá e Lingua galega. Todos os alumnos tiñan que escribir o seu microrrelato a partir dun comezo común “Aquel libro aparecera misteriosamente no andel” (en galego, para os alumnos de 2º e en castelán, para os alumnos de 1º). Despois, plasmaron os seus textos en cartolinas recortadas con forma de gotas de chuvia. Todas estas gotas foron colgadas na entrada do centro ofrecendo unha auténtica chuvia literaria...