Boas!!! Comezamos coas actividades para celebrar as Letras Galegas 2018. Hoxe, o alumnado de 2º ESO está gozando dun obradoiro de poesía con Dores Tembrás. Tamén teremos a visita de María Solar e Carlos Meixide, quen nos falarán de "Os nenos da varíola" e "Cans", respectivamente...
No vos esquezades que o venres 18 é o día límite para a entrega de relatos no I Concurso de Relatos Letras Galegas 2018.
|
Dores Tembrás impartindo obradoiro de poesía a 2' Eso. |
|
María Solar falando da súa obra no Auditorio para o alumnado de 3' e 4' ESO |
|
Exposición de María Victoria Moreno, agasallo da Consellería |
Exposición María Victoria Moreno