Documental en liña sobre a MULLER




Que non tes plan para hoxe?? Aquí che deixamos un convite para disfrutar deste documentario en liña e de balde!! FELIZ DÍA DA MULLER... HOXE E SEMPRE!!!
ESTREA HOXE 8 DE MARZO ÁS 22 HORAS
WWW. ELPAIS.COM

EU SON FEMINISTA...





EU SON FEMINISTA...


Deixámosvos cun vídeo realizado polo alumnado do IES Politécnico de Vigo. Idea de Carme Adán e realización/edición de Ana Ojea.









8 de marzo: DÍA DA MULLER





MULLERES NA HISTORIA II:  AS GRANDES ESQUECIDAS e SIMONE DE BEAUVOIR


Entrevista completa a S. de Beauvoir "Por que quero ser feminista?"



8 de marzo: DÍA DA MULLER





MULLERES NA HISTORIA I: INVENTORAS


Durante anos, as mulleres que querían rexistrar unha patente dun invento tiñan que facelo a nome dos seus pais, maridos ou irmáns.


8 DE MARZO DÍA DA MULLER





8 MULLERES, 8 VOCES, 8 DE MARZO...


8 voces de mulleres galegas para o 8 de Marzo. Distintas propostas musicais, distintas xeracións: Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Pilocha, Carmen Rey, Belem Tajes, Silvia Penide e Sonia Lebedinsky. A letra e a música é da máis nova de todas elas, Alba María.


Concurso Fotografía Día da Muller Traballadora


Resultado de imagem para mujer trabajadora
8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Concurso de fotografía A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

BASES





TEMA E CATEGORÍAS

A temática das fotografías deberá reflectir o traballo das mulleres no concello da Illa de Arousa en calquera ámbito (público ou privado),  mostrando o papel feminino en diferentes eidos da nosa sociedade.

Establécese unha categoría:
- FOTOGRAFÍAS ACTUAIS: Valorarase a dificultade non soamente técnica senón tamén do momento no que foron sacadas, a orixinalidade, a achega que signifique a imaxe ao coñecemento e recoñecemento do traballo das mulleres da Arousa.

PARTICIPANTES
Neste concurso poderá participar calquera alumno/a, autor/a das imaxes presentadas.

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS
Admitiranse ata tres fotografías por autor, que poden estar relacionadas entre si (serie) e que en calquera caso poderán ser en branco e negro ou color; tomadas por calquera tipo de cámara. As fotografías deberán presentarse na Biblioteca do centro en soporte dixital ou en soporte CD en formato JPG ou PNG, con boa resolución e dun sobre pechado dentro do cal figurarán os seguintes datos para a súa identificación: Nome e Apelidos, Curso, Título da foto e data e lugar onde se realizou.

PRAZO DE ADMISIÓN
O prazo de admisión de traballos estará aberto MÁXIMO até o día 6 de marzo de 2017.

EXPOSICIÓN
As obras participantes serán expostas no IES Illa de Arousa. A exposición será inaugurada o Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo de 2017.

Mara Dios opinando sobre Escarlatina, a cociñeira defunta






Crítica

Gustoume moito, ademais lémolo mentres estabamos en Halloween e deu moito misterio.

Está moi ben, así que non esperes máis e cómprao!




Resultado de imagen de escarlatina a cociñeira defunta
(Editorial Xerais)

25 de novembro: Contra a Violencia de Xénero




Bo día!!! Lembrámosvos que hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. É por isto que vos deixamos con esta curta de Eléonore Pourriat (2010) para concienciármonos da importancia do respecto e igualdade. 

O respecto e a dignificación debe ser hoxe e SEMPRE!!



Letras Galegas 2016

Comezan as nosas actividades arredor das Letras Galegas, esta vez adicadas a Manuel María, o poeta da Terra Chá. Escollemos este telexornal, feito polo CPI dos Dices-Rois. Como cada ano, un traballo extraordinario que se converte en referencia obrigada da figura homenaxeada polas Letras Galegas. Parabéns, compañeiros!



Escoitamos ao autor:




Agora, unha versión de Roi Casal do poema A Fala:


    
  • Recital poético en homenaxe a  Manuel María,  en colaboración co Concello da Illa, a Escola de Música e o CEIP Torre- Illa. Velaquí algúns momentos previos



  •  Obradoiro poético con Dores Tembrás, para 2º ESO.  Despois do éxito do ano pasado, dicidimos repetir a experiencia co seu obradoiro titulado "Poesía + Graffiti". 

A poeta coa súa poeplanta "Si miña señor á i-alba de Arousa beilar", de A. Cunqueiro


  •    Arredor de Rosalía, con Anxo Angueira, para 3º ESO. Comezou falándonos do seu propio    vencello coa Arousa, a través de Dorna, e despois foi desmiuzando a vida e a circunstancia vital de    Rosalía, con recitados extraordinarios da súa obra. Quedamos abraiados co poema "Miña Santiña",    do que vos deixo a última estrofa xa que aínda botamos unhas risas tentando facer a rima con "cara    de mona". 

 -¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
   pór n'hei de pórche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
   xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.


Anxo Angueira tamén recibiu a súa poeplanta, co poema "Eu fáloa porque si", versión    libre feita pol@s alumn@s do instituto.

  •  Poeplantas , para 2º e 1º ESO, en colaboración co proxecto Voz Natura do noso centro. Unha vez máis, temos que agradecerlle a Mª Xosé Lázare, compañeira de profesión, esta marabillosa idea. Cada ano melloramos a nosa proposta. Mirade que portadas e que poemas!








Concurso de microrrelatos



CONCURSO DE MICRORRELATOS

1- PARTICIPANTES
Haberá dúas modalidades:
          1º Ciclo
  2º Ciclo

   2- TRABALLOS
     As obras serán orixinais, inéditas e  que non fosen presentadas en ningún outro concurso. Poderán estar escritas en galego ou castelán.
  Serán microrrelatos de tema libre e unha extensión máxima de 300  palabras. Poderán presentarse á man, con letra lexible, ou a ordenador.
       Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, sempre que sexa unha en cada lingua.

3- PREMIOS
   Outorgaranse en cada ciclo dous  premios: un ao mellor microrrelato en castelán e outro ao mellor en galego.
  O premio consistirá nunha excursión xunto aos alumnos organizadores do concurso literario e un diploma acreditativo.

4- PARTICIPACIÓN
O traballo depositarase nunha urna, situada na entrada do centro.  Deberá introducirse nun sobre no que  só aparecerá un pseudónimo, dentro deste  sobre, nun máis pequeno cerrado  deberán ir os seguintes datos:
   Nome e apelidos
  Pseudónimo  utilizado
  Curso 
A data límite de entrega será o  13 de maio.

5- XURADO
Estará composto por  dúas profesoras e dous alumnos/as.

Velaquí os resultados do Concurso:

1º Ciclo           LINGUA GALEGA

MISIÓN DE VIDA OU MORTE

Eu estaba preocupado, moi agobiado; tiña pouco tempo e iríasenos pronto ao outro barrio. Tiña que darme moita présa e eu, excitado, corría e corría a toda velocidade… Collín o que necesitaba e volvín. Menos mal que cheguei a tempo para poner a cargar o móbil.
                                                                                  Carlos Oubiña Mougán



1º Ciclo           LINGUA CASTELÁ

EL EDIFICIO INFINITO

Empecé a construirlo hace mucho tiempo. Voy colocando ladrillo por ladrillo, con toda la dedicación necesaria. Estaba siendo el edificio perfecto cuando…
La enfermera vino a llamarme a la sala de espera, entonces guardé los Lego y me fui.

                                                                                  Karla Cores Otero


2º Ciclo           LINGUA GALEGA

ESCAPANDO DA MORTE

Corría sen rumbo polo medio do bosque; aterrada, co sangue petando fortemente na parede dos meus vasos sanguíneos.

Quen me ía decir a min que entrar naquela casa me traería estes problemas. Sen dúbida, de saber que o dito de que a mansión estaba habitada por unha pantasma era certo, non poría pé alí.

Pero xa era tarde, e o meu espírito de galo de curral levárame ata ese punto no que o único que podía facer era correr sen mirar atrás.

Sentía o alento de todos eses horribles monstros, que eu pensaba que só vivían nas películas e nas lendas, bailando na miña caluga; e pouco a pouco percibín que o esgotamento atrofiaba todos os meus músculos.

Estaba a punto de renderme. As miñas pernas parecían desacelerar o paso a cada segundo, por vontade miña ou non. Xusto cando advertín que todos estes seres máxicos e diabólicos me rodeaban e abrían as fauces nerviosos por devorarme, vin aparecer un raio de luz no horizonte.

Case sen crelo, o sol apareceu na distancia, e todas as bestas que segundos antes respiraban ao meu carón, desapareceron. E con elas foise o perigo desa noite de Samaín.
                                                                                 
Jennifer Fernández Novás
2º Ciclo           LINGUA CASTELÁ

NUEVA CASA

Estaba yo quieto, pues no podía hacer otra cosa, al lado de las casas de mis nuevos vecinos. Todos los días venían familiares míos a traerme regalos. Al resto le pasaba lo mismo y siempre tenían flores adornando sus fachadas.

                                                                                  Iago Romero Vidal.






MENÚ da NOITE


 Este venres estiveron connosco Carlos Blanco e Luís Davila para presentarnos o seu espectáculo MENÚ da NOITE. O sacho, esa ferramenta tan querida no noso IES, foi o auténtico protagonista da actividade. Sáchase na terra , no mar , nos libros...
Nós tamén fixemos a nosa sacha e  aquí vos deixamos as opinións colleitadas entre o noso alumnado.Como non podía ser doutra maneira, un debuxiño máis de L. Davila: