A revolta dos mouses
O noso agasallo de Nadal!!!
O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiceiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e frores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo.
Director:David Alejandro Gen
BiblioNadal: para toda a familia (1).
NESSMANN, Philippe: Todas las respuestas a las preguntas que nunca has hecho. Faktoría K de libros. 2009
Un libro para saciar a curiosidade dos lectores máis inquedos, persoas interesadas no que, como, cando, onde e por que do que nos rodea.
Unha obra que aborda sete grandes áreas de coñecemento, con solucións ás preguntas máis inesperadas.
Destaca pola súa presentación, a modo de cuaderniño, e a estructura narrativa, de xeito que ao final de cada resposta engádese unha nova cuestión relacionada co tema tratado, ampliando os coñecementos recén adquiridos.
Unha crítica para que saibades outras opinións.
VILLAR, Domingo: A Praia dos afogados. Ed. Galaxia
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
SIERRA I FABRA: Kafka y la muñeca viajera. Ed. Siruela.
O escritor barcelonés Jordi Sierra i Fabra hgañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, con esta obra publicada por Siruela que recrea un episodio real da vida do escritor checo, un encontro entre Kafka e unha nena que chora por ter perdido a súa boneca.
Unha crítica para que vos animedes a ler.
A maxia de Idhún






Terror na Biblioteca 2
Terror na Biblioteca 1




Xa estamos de volta!!!


Lestes moito?
Tedes ganas de falar das vosas lecturas e de pasalo ben na biblioteca?
Pois xa estamos aquí. A biblioteca abre o mércores, 30 de setembro con equipos informáticos novos!!
O club de lectura, o venres, 2 de outubro.
Un saúdo para os alumnos do ano pasado: nós tamén vos botamos de menos e acordarémonos todos os venres. Un bico salgado polo mar da Arousa a todos e a todas!!!!
Coma os seixos do Bao
Plan Mellora de Bibliotecas Escolares

O noso centro foi seleccionado no Plan Mellora de Biliotecas Escolares para o curso 2009-2010. A participación neste proxecto suporá unha importante dotación económica que terá como destino a renovación de fondos e a adquisición de mobiliario e equipos informáticos. Todo isto ten por finalidade facer da nosa biblioteca un espazo acolledor para a lectura e interesante para a aprendizaxe.
Xa sabedes que podedes levar libros para ler no verán. Boas vacacións!!!!
Despedida ?
Benedetti no club de lectura

Ninguén mellor que Benedetti para comezar este ciclo de microrrelatos. Este escritor morreu o pasado 17 de maio e, desde o club de lectura queremos renderlle unha merecida homenaxe. Na próxima sesión leremos microrrelatos e poemas deste autor. Velaí vai unha pequena mostra, adicada a todos os habitantes da illa máis illa de todas as illas.
Isla
Cada ser humano es una isla. En el mejor de los casos,
pertenece a un archipiélago. Aún así, cada isla es distinta de las otras.
Algunas son fértiles, pródigas, ubérrimas.
Otras son áridas, magras, resecas.
Cada ser humano es una isla, donde sólo convive con su conciencia y en ocasiones con un lago quieto que le informa sobre
qué rasgos asume su rostro de náufrago.
Cuando el ser humano se aburre de su soledad,
entonces se comunica con otra u otras islas, a nado, o en balsa,
en lanchas o en canoas. Y en la otra isla conoce a otros náufragos
y también a otras náufragas y a veces se enamora.
El amor une a las islas como una corriente.
A veces dos islas copulan y nace un islote.
Microrrelatos no club de lectura

Acabamos o ciclo de ciencia ficción partindo deste suposto: se a especie humana desaparecese da Terra, que tipo de obxectos poderiamos deixar como testemuño da nosa cultura? Entre todos fomos propoñendo diferentes elementos que nos caracterizan, que nos definen como humanos, tales como: un reloxo, un ordenador,un libro de Historia, restos vexetais e animais...
Despois de facer estas reflexións, vimos dúas escenas da película Farenheit 451 e falamos do que significaría unha sociedade na que non houbese o dereito de ler..
Propoñemos para a próxima sesión do club de lectura, comezar con microRRELATOS,un formato breve de lectura intensa. Vémonos, coma sempre, o venres no recreo.
libros
Despois de ver estas fotos, decídenos se credes que é suficiente un día do libro ou precisariamos de varias vidas para poder ler e comentar a cantidade de boas historias andan por aí...
Ciencia ficción: Delivery
vía Capítulo 0.
Ciencia Ficción III


Despois de ler El ruido de un trueno, da antoloxía Los mejores relatos de ciencia ficción, seguimos con Deserción de Clifford D. Simak e Lección de Historia, de Arthur C. Clarke.
- Deserción. Un astronauta e o seu can son enviados ao planeta Xúpiter para averiguar por que non voltou ningún explorador das anteriores expedicións.
- Lección de Historia. A humanidade extinguiuse por mor dunha poderosa Era Glaciar. Unha nave pilotada por extraterrestres tenta interpretar a orixe da raza humana e o seu destino final.
Linguas
ciencia ficción II


Seguimos co noso percorrido a través da ciencia ficción.
Despois de ler A sombra cazadora, escollemos agora a antoloxía Los mejores relatos de ciencia ficción, de Ray Bradbury. Para a próxima sesión, comentaremos o relato El ruído de un trueno. Trata dunha viaxe á Prehistoria, cando a Terra aínda estaba habitada polos dinosauros. A caza dun destes exemplares cuestiona a importancia que pode ter un pequeno cambio na Natureza.
Recomendamos, tamén, a película Farenheit 451, basada na novela homónima de Ray Bradbury.
O Fío de Ariadne
A sombra cazadora (II)
"E que é dos nenos que escapan da casa?", Tom Waits:

"Vexo erguerse a mala lúa, vexo unha ameaza no camiño", Credence Clearwater Revival:
"Repara ben, é outro día para ti e para min no Paraíso". Phil Collins:
" Non chores, irmá, que mañá é outro día", J J Cale:
Un Amor de biblioteca




Se estás namorad@ ven á biblioteca. Se non estás, tamén.
Mochilas viaxeiras

A mochila viaxeira é un proxecto da biblioteca IES Illa de Arousa que ten por finalidade achegar ao alumnado e ás familias diferentes obras dos nosos fondos.
O contido está adaptado ao nivel d@s alumn@s e integrado na programación das distintas materias.
Comezamos esta actividade no nivel de 1º ESO, coa intención de que vaian rulando de curso en curso e de man en man.
O que tes nas túas mans é un material que debes coidar e devolver no prazo indicado pero, ante todo, úsao e aprovéitao.
Ciencia ficción

O club de lectura bibliarousa comeza un novo ciclo temático, a ciencia ficción.
A ciencia ficción nace como xénero literario arrredor de 1920 e foi aproveitado con moito éxito polo xénero cinematográfico. Trata sobre o impacto que producen os avances científicos, tecnolóxicos, sociais e culturais na sociedade ou no individuo.
Iniciamos as nosas lecturas con A sombra cazadora de Suso de Toro.
Velaquí as nosas recomendacións de películas e relatos que xiran arredor deste tema:
-películas

- Farenheit 451 de Truffaut, basada na novela homónima de R. Bradbury
- El planeta de los simios, basada na novela homónima de Pierre Boulle
- 2001 A odisea do espazo, de Stanley Kubrick, basada en varios relatos de Arthur C. Clarke
- Blude Runner, de Ridley Scott
- A guerra dos mundos, de Steven Spielberg, inspirada na novela de H. G. Wells
- Antología Los mejores relatos de ciencia ficción
- La fundación, de Isaac Asimov
- Crónicas marcianas, de Ray Bradbury
- Un mundo feliz, de Aldous Huxley
O cazador de trolls (II)

Un regalo de Luis Davila, humorista com sección diaria no Faro de Vigo, que ten moito sentido para todas as persoas que vimos de ler O Cazador de Trolls.
O cazador de trolls

Carballo Agarimoso e Vento Morno lévannos a unha espesa fraga chea de aventuras nas que as bestas parecen humanos e os humanos compórtanse coma auténticas bestas.
Se queres acompañarnos nesta descoberta da natureza, le este libro( O cazador de trolls, de Luís Seixido) e vai buscando un nome semellante aos dos trolls como contrasinal para a próxima sesión do club de lectura.