O mércores, día 21 de marzo, celébrase o
día da poesía. Este ano quixemos festexalo secundando unha iniciativa dos institutos de Vilagarcía que se titula
"Marea de versos". Trátrase de sacar fóra os textos poéticos, de airealos pola rúa para que todo o mundo os poida ler; algo parecido á nosa "
seneira da poesía" que fixemos o curso pasado. Cada alumn@ poderá escoller un poema que lle guste especialmente ou botar man dalgún orixinal, por exemplo, algunha cantiga de
"Namorando" que elaboramos en 3º ESO. Despois, que rulen pola Arousa, de man en man ou nos limpaparabrisas dos coches. ATENCIÓN: que ninguén tire os papeis colocados nos coches. Non son publicidade barata, SON POEMAS!!!!!!! Q
ue teñades boa marea!!!
Presentación na prensa:
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2012/03/17/institutos-vilagarcia-illa-dan-forma-marea-versos/633209.html