Acabando xa as últimas sesións do club de lectura sobre Os Simpson, botamos man do mundo Disney para facer un percorrido pola historia da banda deseñada. Escollemos Fantasía 2000,unha obra feita para lembrar o 60 aniversario da película Fantasía, o terceiro clásico de Walt Disney, do ano 1940. Comezamos coa introdución sobre a evolución das técnicas de animación e vimos, por exemplo, o primeiro Mickey Mouse creado en 1928, os primeiros debuxos animados a cor...Para acabar esta sesión, unha peza marabillosa titulada "O paxaro de lume", na que música e imaxe se fonden nunha máxica conxunción de emocións que nos deixaron abraiados. Velaquí a tedes: