No club de lectura Biliarousa 1 ( 1º e 2º ESO) escollemos, por votación, a lectura El sueño de Iván. A historia trata de como un equipo de fútbol xuvenil se vai enfrontar a unha selección dos mellores xogadores do mundo coa intención de recadar fondos para os damnificados dun terremoto.
Podedes consultar, tamén, como se fixo a película
Na primeira sesión comezamos vendo algunha escena da fermosa película Quiero ser como Beckham. Analizamos os prexuízos sociais que nos mostra esta historia na que unha rapaza de cultura hindú quere ser futbolista.
Aprendemos algo máis desta cultura e, entre outras cousas, os diferentes tipos de vestidos e a súa orixe. E todo isto nunha sesión práctica na que Susana nos foi explicando como colocar eses fermosos 7 m. de tea.
Despois de varias sesións de comentario, acabamos a lectura facendo unha valoración da experiencia. Para iso, escollemos unha dinámica parecida á que fai op adestrador do equipo de fútbol: atar con cordas aos xogadores para que aprendan a traballar en equipo. Nós fixémolo envolvendo unha cordiña nos dedos ata quedar todos unidos. Un bo exercicio de expresión oral e corporal!!!
Máis recomendacións con esta temática:
E. Galeano. El fútbol a sol y sombra |
S. Gómez Xurxo. Déixao medrar |
Pinto & Chinto.Tito Longueirón |
No club de lectura Bibliarousa 2 (3º e 4º ESO) escollemos Drácula, unha novela de Bram Stoker, publicada en 1897. É un clásico entre os libros de horror, e unha das representacións máis famosas do concepto de vampiro. O libro deu lugar a unha longa serie de versións para o cine, o teatro, a televisión e a banda deseñada.
Para atender aos distintos ritmos lectores, propoñeremos outras versións.
Pese ás poucas sesións que tivemos, aproveitamos ben a lectura:
-comentamos algunha escena da película
e aí seguimos fincándolle o dente a Drácula, simbolizada pola galleta máis gótica que atopamos.