Letras Galegas 2016

Comezan as nosas actividades arredor das Letras Galegas, esta vez adicadas a Manuel María, o poeta da Terra Chá. Escollemos este telexornal, feito polo CPI dos Dices-Rois. Como cada ano, un traballo extraordinario que se converte en referencia obrigada da figura homenaxeada polas Letras Galegas. Parabéns, compañeiros!



Escoitamos ao autor:




Agora, unha versión de Roi Casal do poema A Fala:


    
  • Recital poético en homenaxe a  Manuel María,  en colaboración co Concello da Illa, a Escola de Música e o CEIP Torre- Illa. Velaquí algúns momentos previos



  •  Obradoiro poético con Dores Tembrás, para 2º ESO.  Despois do éxito do ano pasado, dicidimos repetir a experiencia co seu obradoiro titulado "Poesía + Graffiti". 

A poeta coa súa poeplanta "Si miña señor á i-alba de Arousa beilar", de A. Cunqueiro


  •    Arredor de Rosalía, con Anxo Angueira, para 3º ESO. Comezou falándonos do seu propio    vencello coa Arousa, a través de Dorna, e despois foi desmiuzando a vida e a circunstancia vital de    Rosalía, con recitados extraordinarios da súa obra. Quedamos abraiados co poema "Miña Santiña",    do que vos deixo a última estrofa xa que aínda botamos unhas risas tentando facer a rima con "cara    de mona". 

 -¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
   pór n'hei de pórche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
   xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.


Anxo Angueira tamén recibiu a súa poeplanta, co poema "Eu fáloa porque si", versión    libre feita pol@s alumn@s do instituto.

  •  Poeplantas , para 2º e 1º ESO, en colaboración co proxecto Voz Natura do noso centro. Unha vez máis, temos que agradecerlle a Mª Xosé Lázare, compañeira de profesión, esta marabillosa idea. Cada ano melloramos a nosa proposta. Mirade que portadas e que poemas!








Concurso de microrrelatos



CONCURSO DE MICRORRELATOS

1- PARTICIPANTES
Haberá dúas modalidades:
          1º Ciclo
  2º Ciclo

   2- TRABALLOS
     As obras serán orixinais, inéditas e  que non fosen presentadas en ningún outro concurso. Poderán estar escritas en galego ou castelán.
  Serán microrrelatos de tema libre e unha extensión máxima de 300  palabras. Poderán presentarse á man, con letra lexible, ou a ordenador.
       Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, sempre que sexa unha en cada lingua.

3- PREMIOS
   Outorgaranse en cada ciclo dous  premios: un ao mellor microrrelato en castelán e outro ao mellor en galego.
  O premio consistirá nunha excursión xunto aos alumnos organizadores do concurso literario e un diploma acreditativo.

4- PARTICIPACIÓN
O traballo depositarase nunha urna, situada na entrada do centro.  Deberá introducirse nun sobre no que  só aparecerá un pseudónimo, dentro deste  sobre, nun máis pequeno cerrado  deberán ir os seguintes datos:
   Nome e apelidos
  Pseudónimo  utilizado
  Curso 
A data límite de entrega será o  13 de maio.

5- XURADO
Estará composto por  dúas profesoras e dous alumnos/as.

Velaquí os resultados do Concurso:

1º Ciclo           LINGUA GALEGA

MISIÓN DE VIDA OU MORTE

Eu estaba preocupado, moi agobiado; tiña pouco tempo e iríasenos pronto ao outro barrio. Tiña que darme moita présa e eu, excitado, corría e corría a toda velocidade… Collín o que necesitaba e volvín. Menos mal que cheguei a tempo para poner a cargar o móbil.
                                                                                  Carlos Oubiña Mougán



1º Ciclo           LINGUA CASTELÁ

EL EDIFICIO INFINITO

Empecé a construirlo hace mucho tiempo. Voy colocando ladrillo por ladrillo, con toda la dedicación necesaria. Estaba siendo el edificio perfecto cuando…
La enfermera vino a llamarme a la sala de espera, entonces guardé los Lego y me fui.

                                                                                  Karla Cores Otero


2º Ciclo           LINGUA GALEGA

ESCAPANDO DA MORTE

Corría sen rumbo polo medio do bosque; aterrada, co sangue petando fortemente na parede dos meus vasos sanguíneos.

Quen me ía decir a min que entrar naquela casa me traería estes problemas. Sen dúbida, de saber que o dito de que a mansión estaba habitada por unha pantasma era certo, non poría pé alí.

Pero xa era tarde, e o meu espírito de galo de curral levárame ata ese punto no que o único que podía facer era correr sen mirar atrás.

Sentía o alento de todos eses horribles monstros, que eu pensaba que só vivían nas películas e nas lendas, bailando na miña caluga; e pouco a pouco percibín que o esgotamento atrofiaba todos os meus músculos.

Estaba a punto de renderme. As miñas pernas parecían desacelerar o paso a cada segundo, por vontade miña ou non. Xusto cando advertín que todos estes seres máxicos e diabólicos me rodeaban e abrían as fauces nerviosos por devorarme, vin aparecer un raio de luz no horizonte.

Case sen crelo, o sol apareceu na distancia, e todas as bestas que segundos antes respiraban ao meu carón, desapareceron. E con elas foise o perigo desa noite de Samaín.
                                                                                 
Jennifer Fernández Novás
2º Ciclo           LINGUA CASTELÁ

NUEVA CASA

Estaba yo quieto, pues no podía hacer otra cosa, al lado de las casas de mis nuevos vecinos. Todos los días venían familiares míos a traerme regalos. Al resto le pasaba lo mismo y siempre tenían flores adornando sus fachadas.

                                                                                  Iago Romero Vidal.






MENÚ da NOITE


 Este venres estiveron connosco Carlos Blanco e Luís Davila para presentarnos o seu espectáculo MENÚ da NOITE. O sacho, esa ferramenta tan querida no noso IES, foi o auténtico protagonista da actividade. Sáchase na terra , no mar , nos libros...
Nós tamén fixemos a nosa sacha e  aquí vos deixamos as opinións colleitadas entre o noso alumnado.Como non podía ser doutra maneira, un debuxiño máis de L. Davila:


MicroRRELATOS

Pequeniños, pero inmensos. Así son os nosos microrrelatos, elaborados pol@s alumn@s de Agrupamento de 2º

Contos por palabras

A nosa proposta de lectura para Bibliarousa1, Contos por palabras, de A. Fdez. Paz


Comezamos a lectura cun xogo de "anuncios por palabras"


Manga, anime e mitoloxía oriental



Despois da insistencia de varios participantes dos clubs de lectura, decidimos propoñer para as
seguintes sesións, a lectura de  Manga, visionado de Animes e algún relato da mitoloxía oriental.
 Aínda que non está proposta ningunha historia en concreto, imos facendo boca para mergullarnos nese mundo engaiolante da banda deseñada xaponesa:
 - Orixe do nome Manga (漫 画)O nome procede de man, que significa informal, e mais de ga, que significa debuxo, é dicir, garabato ou imaxes insignificantes.

- Como debemos ler un manga?


- Manga e Anime. A relación entre banda deseñada e animación é moi estreita. A maioría das producións animadas están basadas nunha BD de éxito. Os xaponeses compran aoano máis de mil millóns de volumes en branco e negro, impresas en papel barato.

Outros temas que pretendemos tratar arredor deste mundo serán: o mito, a violencia, o papel da muller... (continuará)

Despois de escoitar as vosas suxestións, decidímonos por  Bakuman (バクマン) un manga e anime shōnen (manga e anime para adolescentes) publicado en Xapón, no 2008, creado por Tsugumi Ōba (guión) e Takeshi Obata (debuxo)
O protagonista é Mashiro Moritaka, alias "Saiko", un estudante de secundaria de 14 anos, con grandes dotes de debuxante e namorado de Azuki Miho. Mashiro era sobriño de Mashiro Nobuhiro, un mangaka coñecido como Taro Kawaguchi, que debuxaba o manga Super Hero Legends...



Ementres comezamos o comentario, algúns bonecos e outros mangas para ambientar:



Despois da lectura de Bakuman 1 e do visionado dalgún capítulo, deixamos aos nosos lectores a porta aberta aos seguintes números que temos na biblioteca.
A lectura de manga levounos á mitoloxía xaponesa, e demos con Mitos y leyendas de Japón, de F. Hadland Davis, a nosa nova proposta de lectura.


Mentres imos comentando os capítulos, falamos  doutras propostas arredor da cultura xaponesa:




http://es.wikihow.com/escribir-haiku





E, mentres imos comentando as lecturas,  xogamos ao Mikado, un xogo de orixe xaponesa da que nós facemos unha adaptación en forma de pauiño de chocolate.




Os mundos de Narnia

Tunnus
No club de lectura bibliarousa 1 estamos ás voltas con As crónicas de Narnia. Para dinamizar a lectura, cada participante debe facer o seguimento dunha personaxe:

Aslam
Lucy


Peter
Edmund
Susan
Os castores
A bruxa branca









Club de lectura

Sórpréndenos este novo ano con novas na prensa sobre os nosos clubs de lectura. Aquí vos deixo a noticia, aínda que hai que precisar que a foto corresponde a unha reportaxe que fixera este xornal hai tres anos. @s participantes xa non son os mesmos!!




Samaín 2015


Resolto xa o concurso, velaquí os premios:


Zaira García

Os seus beizos percorren cada poro da miña pel,  a súa respiración acelerada sobre o meu pescozo, os seus ollos de cobre fundido sobre os meus, as súas ardentes caricias  polos meandros do meu corpo. O seu corazón latexaba fortemente sobre o meu peito espido, e a miña inocencia e a súa beleza leváronme aquela noite de pracer e  de lúa chea á más terrorífica das mortes.
Eu non sabía que aquel anxo caído ía ser aquilo...
Algo ía mal cando o seus dentes, agora afiados, apertaron con demasiada forza o meu pescozo, cando as súas uñas se cravaron na miña pel; cando a miña prata vermella comezaba a serme irrelevante sobre a cama. O arquexo arrastrado e afogado que se asemellaba a unha risa...
Abrín os ollos con bágoas que me afogaban. As cordas vocais extinguíronse e vin que el non era o fermoso anxo, senón una besta da que me namorara dende facía catro anos de amizade.
O seu globo ocular tinguido de negro destacaba os seus ollos. O seu enrugado nariz chato olfacteábame; A súa áspera lingua probábame, derretíame...
O último que escoitei foi o seu rosmar desgastado:

-“Agora, a túa nova vida, está a piques de comezar...”      
                                                                                                                                                                                                               Lidia Molina




Carla Bugallo


Pantasma

Era rápido e seguro, cunha pel branca e uñas longas, dentes afiados coma coitelos e ollos vermellos coma o sangue. Perseguíame coma se non houbera mañá e chamábame, chamaba por min. Só sentía ganas de chorar, mais non paraba de correr. Abría portas, percorría corredores e el seguía detrás de min. Pero toda historia remata. Non había máis portas nin máis lugares por onde escapar. Achegueime á parede máis próxima e esperei pola miña norte. Acercábase máis e máis a min pero parou, detívose en seco, quitou a máscara da cara e alí estaba o meu pai facéndome unha broma por Samaín.


                                                                              Alexandra Zels Otero






Andrés Romay

Á saída da taberna

Á saída da taberna, polo camiño do monte que leva ao pozo vello, comezo a notar unha estraña sensación. Noto como se alguén me mirara no medio da escuridade e da brétema da noite, como se me seguira alguén, ou algo! Albisco (ou inténtoo) entre a bruma, por se vexo algo, pero nada. Continúo camiñando polo medio da estreita senda que conduce á aldea cando oio pasos que cada vez son máis rápidos e se acercan máis ao meu carón. Comezo a correr polo medio dos fentos e das xestas, xa mollados polas primeiras augas do orballo da mañá  (fixéraseme moi tarde, a verdade), sen importarme a dor nin nada, mais esa cousa que me perseguía incesante, sexa can, animal de monte, home ou lobishome, cada vez se achegaba máis preto de min. A mala sorte fai que tropece e caia a dar cun xeonllo nunha rocha do camiño sen poderme levantar. Comeza a chover e cantan os lobos… Ai de min! E o meu fin, vanme papar!
-          Señor, señor, esquecéuselle a carteira!

                                                                     Manuel Antonio García 

De volta

Un curso máis, comezamos as actividades da biblioteca. Iniciamos o curso coas xornadas de acollida para 1º ESO, posta a punto o servizo de empréstitos e retomamos as sesións do club de lectura bibliarousa.


No club de lectura Biliarousa 1 ( 1º e 2º ESO) escollemos, por votación,  a lectura El sueño de Iván. A historia trata de como un equipo de fútbol xuvenil se vai enfrontar a unha selección dos mellores xogadores do mundo coa intención de recadar fondos para os damnificados dun terremoto.

Podedes consultar, tamén, como se fixo a película


Na primeira sesión comezamos vendo algunha escena da fermosa película Quiero ser como Beckham. Analizamos os prexuízos sociais que nos mostra esta historia na que unha rapaza de cultura hindú quere ser futbolista. 




Aprendemos algo máis desta cultura e, entre outras cousas, os diferentes tipos de vestidos e a súa orixe. E todo isto nunha sesión práctica na que Susana nos foi explicando como colocar eses fermosos 7 m. de tea.










Despois de varias sesións de comentario, acabamos a lectura facendo unha valoración da experiencia. Para iso, escollemos unha dinámica parecida á que fai op adestrador do equipo de fútbol: atar con cordas aos xogadores para que aprendan a traballar en equipo. Nós fixémolo envolvendo unha cordiña nos dedos ata quedar todos unidos. Un bo exercicio de expresión oral e corporal!!!

































Máis recomendacións con esta temática:

E. GaleanoEl fútbol a sol y sombra


S. Gómez Xurxo. Déixao medrar

Pinto & Chinto.Tito Longueirón





No club de lectura Bibliarousa 2 (3º e 4º ESO) escollemos Drácula, unha novela de Bram Stoker, publicada en 1897. É un clásico entre os libros de horror, e unha das representacións máis famosas do concepto de vampiro. O libro deu lugar a unha longa serie de versións para o cine, o teatro, a televisión e a banda deseñada.
Para atender aos distintos ritmos lectores, propoñeremos outras versións.










Pese ás poucas sesións que tivemos, aproveitamos ben a lectura:
-comentamos algunha escena da película



e aí seguimos fincándolle o dente a Drácula, simbolizada pola  galleta máis gótica que atopamos.